Ernesto Padín Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ernesto Padín Lorenzo
Ernesto Padín Lorenzo 1934.jpg
Nacemento13 de novembro de 1877
 Redondela
Falecemento19 de abril de 1970
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Ernesto Padín Lorenzo, nado en Redondela o 13 de novembro de 1877 e finado en Madrid o 19 de abril de 1970, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procurador. Foi secretario particular do deputado a Cortes por Redondela, Francisco de Federico Martínez. Foi xefe de administración do Ministerio de Facenda en Madrid. Foi redactor do diario Mundo e da revista Semana Financiera e colaborou en El Noticiero Español (Pará-Brasil), El Heraldo de Baena (Madrid), Gente Novel (Madrid), El Pueblo, La Revista Popular e El Soplete. Publicou en 1932 Amores e dolores. Poesías gallegas con prólogo de Ramón Otero Pedrayo. Tiña preparado outro poemario en castelán, Flores y abrojos, do que se publicaron algúns poemas en periódicos. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Muñoz de la Espada Moya.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]