Erich Przybyllok
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de xuño de 1880 Tarnowskie Góry, Polonia (pt) |
| Morte | 11 de setembro de 1954 Colonia, Alemaña |
| Educación | Universidade de Breslau |
| Director de tese | Julius Heinrich Franz (en) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Potsdam |
| Ocupación | astrónomo, profesor universitario |
| Empregador | Universidade de Colonia |
| Obra | |
| Doutorando | Gustav Schütz |
Erich Hugo Günther Przybyllok, nado en Tarnowskie Góry o 30 de xuño de 1880 e finado en Colonia o 11 de setembro de 1954, foi un astrónomo alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutorouse en 1904 en Breslau, foi despois Axudante no observatorio astronómico de Breslau, Königsberg, Heidelberg e Bonn, de 1909 a 1910, e de 1914 a 1921 colaborador do Preußischen Geodätischen en Potsdam. Formou parte en calidade de astrónomo e de experto en xeomagnetismo na segunda expedición alemá ao Polo Sur (1911–1912) con Wilhelm Filchner. Desde 1921 impartiu docencia como Profesor na Universidade de Königsberg e dirixiu o seu observatorio ata a súa destrución en 1944. Despois da segunda guerra mundial pertenceu ao corpo docente da Universidade de Colonia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- P. Labitzke: E. Przybyllok †, Sterne, 23-24, 1955.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |