Eremophilus mutisii
Aparencia
| Eremophilus mutisii | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
Eremophilus mutisii é unha especie de siluriforme da familia Trichomycteridae, e o único membro do seu xénero.[1] Este peixe medra arredor de 30 centímetros e orixinario da conca do río Bogotá, o cal é un afluente do río Magdalena. Probabelmente foi introducido nos vales de Ubaté, Chiquinquirá e Tundama, en Colombia.[2][3]
Hábitat
[editar | editar a fonte]É un peixe de auga doce e de clima frío (10 °C-13 °C).[2] É unha especie territorial con hábitos bentónicos. Pode vivir en baixas concentracións de osíxeno e mesmo pode respirar fóra da auga.[4] Rexistra perda de hábitat na súa área de distribución natural orixinal.[5] A especie foi introducida fóra da súa distribución natural no lago de Tota e na lagoa da Cocha como alimento para a troita.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ferraris, C.J.Jr. (2007). "Checklist of catfishes, recent and fossil (Osteichthyes: Siluriformes), and catalogue of siluriform primary types" (PDF). Zootaxa 1418: 1–628. doi:10.11646/zootaxa.1418.1.1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de marzo de 2022. Consultado o 12 de maio de 2021.
- 1 2 Froese, Rainer; Pauly, Daniel, eds. (febreiro de 2015). "Eremophilus mutisii". FishBase (en inglés).
- ↑ Pinilla, G.; Abril, M.; González, E. (2006). "Growth, feeding and reproduction of the catfish Eremophilus mutisii". Revista de Biología Tropical 54 (2): 589–597. PMID 18494325. doi:10.15517/rbt.v54i2.13925.
- ↑ "Eremophilus mutisii". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2016.
- 1 2 "El “capitán de la sabana”, 210 años desde su descubrimiento". Instituto de Investigación de Recursos Biológicos Alexander von Humboldt. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 3 de xullo de 2020.
