Enrique Sáez Ponte
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1947 A Coruña |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | economista, xurista |
Enrique Sáez Ponte, nado na Coruña en 1947 é un economista e escritor galego.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Licenciado en Economía e Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, ten feito un máster de administración e negocios no IESE de Barcelona. Profesional da empresa privada, traballou durante trinta anos no Banco Pastor, onde ocupou postos de alta dirección nos derradeiros catorce. Asistiu a cursos de especialización na Universidade do Noroeste de Chicago e na Universidade de Cambridge, no Reino Unido. Na Universidade Menéndez y Pelayo dirixiu un curso sobre temas financeiros e colaborou noutros sobre economía internacional. Desde o 2003 é empresario e ocupa cargos de administrador en varias sociedades.
Especialista na análise económica do desenvolvemento, da organización dos estados modernos e da situación de Galiza, intervén decote en actividades de ensino universitario.
Labor social
[editar | editar a fonte]
É presidente da Fundación Juana de Vega, patrón do Museo do Pobo Galego, da Fundación Via Galego e membro do consello asesor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI). Foi un dos membros fundadores da AGAL,[1] da cal é socio. Participou na creación do documental O Diamante Galego,[2] sobre as relacións económicas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Desde 2009 preside a Unión de Almacenistas de Hierros de España e forma parte, desde o 2011, da Xunta Directiva da Plataforma Multisectorial contra la Morosidad.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- O mundo e nós, 1999, Xerais.
- A liberdade no século XXI, 2017, Editorial Galaxia.[3]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- La energía oscura del dinero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Galego por diante, a camisola do verán”. Entrevista con Enrique Sáez, Presidente da asociación DGAP-Do Galego ao Portugués". IGADI. Consultado o 2026-06-01.
- ↑ "Projeção e debate do filme O Diamante Galego na Faculdade de Ciências Políticas da Universidade de Santiago de Compostela". Portal Galego da Língua (en portugués). Consultado o 2026-06-01.
- ↑ Ficha do libro
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do autor en Edicións Xerais Arquivado 22 de setembro de 2010 en Wayback Machine.
- O Diamante Galego