Enrique Nanín Ansias
Enrique Nanín Ansias | |
---|---|
Nacemento | 1907 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 11 de outubro de 1937 |
Lugar de falecemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | funcionario e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Enrique Nanín Ansias, nado en Ourense cara a 1907 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1937, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Vixiante de arbitrios de Ourense. Foi detido en maio de 1933 con Manuel Guede Franco por suposto atentado frustrado contra o Goberno civil de Ourense.[1] Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido.[2] Xulgado por ameazas a axentes da autoridade foi condenado a tres meses de arresto maior e suspensión do cargo en decembro.[3] Foi secretario do Socorro Vermello de Ourense en xullo de 1936.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Foi detido no número 31 da rúa Raíña Victoria na madrugada do 27 de marzo de 1937 xunto con Ramón González Calviño e os seus fillos, os irmáns Ángel e Julio González Cudeiro.[5] A filla de Ramón, Josefina González Cudeiro, tamén foi encarcerada. Enrique, Ángel e Julio González Cudeiro foron xulgados en consello de guerra o 29 de xullo de 1937,[6] e condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1937 xunto con José Fernández Pérez, Severino Nóvoa Gutiérrez, José González Tesouro e Gerardo Rodríguez Fernández.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-157-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Enrique Nanín Ansias na páxina web Nomes e Voces.