Saltar ao contido

Gerardo Rodríguez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGerardo Rodríguez Fernández
Biografía
Nacementoc. 1904 Editar o valor en Wikidata
O Barco de Valdeorras Editar o valor en Wikidata
Morte11 de outubro de 1937 Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
Ourense Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesGerinaldo Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro, político Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsFrancisco Rodríguez Fernández Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 10328

Gerardo Rodríguez Fernández, coñecido como Gerinaldo, nado no Barco de Valdeorras cara a 1904 e finado en Ourense o 11 de outubro de 1937, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Veciño de Vilanova de Valdeorras. Militante do PCE, era presidente do Sindicato Obrero y Campesino de Vilanova. Logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro do Barco de Valdeorras. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi xulgado en consello de guerra por rebelión o 5 de agosto de 1937 co seu irmán Francisco Rodríguez Fernández,[1] e condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1937 xunto con José Fernández Pérez, Severino Nóvoa Gutiérrez, Enrique Nanín Ansias e José González Tesouro.[2] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xaneiro de 1938,[3] e foi sancionado ao pago de 100 pesetas en 1941.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Luisa Álvarez Fariñas, con quen tivo tres fillos.

  1. El Pueblo Gallego, 6-8-1937, p. 7.
  2. La Región, 12-10-1937, p. 3.
  3. BOP Ourense, 25-1-1938, p. 1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]