Severino Nóvoa Gutiérrez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Severino Nóvoa Gutiérrez
Nacemento1911
Lugar de nacementoOurense
Falecemento11 de outubro de 1937
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Severino Nóvoa Gutiérrez, nado en Ourense cara a 1911 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1937, foi un sindicalista e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Camareiro e militante das Xuventudes Socialistas de Ourense. Foi presidente da Sociedade de Camareiros, cociñeiros e similares de Ourense afiliada á UGT. Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido.[1] Foi director do periódico antifascista Espartaco.[2] Interveu no mitin de Maceda na campaña da Fronte Popular en abril de 1936,[3] e no mitin do Primeiro de Maio dese ano en Ourense con Luis Acuña Nóvoa e Adriano Romero Cachinero.[4]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na reunión celebrada no Goberno Civil de Ourense para organizar a resistencia. Fuxiu e agochouse na casa do seu avó José María Nóvoa en Sabadelle, onde foi detido na madrugada do 16 de marzo de 1937.[5][6] Acusado dun delito de rebelión militar con perversidade e transcendencia, foi xulgado en consello de guerra o 23 de xullo de 1937,[7] e condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1937 xunto con José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias, José González Tesouro e Gerardo Rodríguez Fernández.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 13-10-1934, p. 3.
  2. El Compostelano, 13-10-1937, p. 2.
  3. La Región, 3-4-1936, p. 11.
  4. El Pueblo Gallego, 3-5-1936, p. 13.
  5. El Pueblo Gallego, 18-3-1937, p. 9.
  6. La Región, 19-3-1937, p. 3.
  7. La Región, 24-7-1937, p. 3.
  8. La Región, 12-10-1937, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]