Saltar ao contido

Endopterigotos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Endopterigoto»)
Endopterigotos
Rango fósil: Pensilvaniense-Recente
O reloxo molecular indica unha posible orixe no Mississippiense[1]

Panorpa communis, unha mosca escorpión (orde Mecoptera)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
(sen clasif.): Clado: Eumetabola
(sen clasif.): Clado: Endopterygota
Sharp, 1898
Ordes

Ver texto

Os endopterigotos ou Endopterygota (do grego antigo endon 'interno' + pterón 'á' + o neolatín -ota 'que ten'), tamén coñecidos como holometábolos (Holometabola), é unha superorde de insectos dentro da infraclase Neoptera que pasan por fases distintivas larvaria, pupal e adulta. Sofren unha metamorfose radical, coas fases de larva e adulto moi diferentes en estrutura e comportamento. Isto chámase holometabolismo ou matamorfismo completo.

Evolución

[editar | editar a fonte]

Os Endopterygota constitúen a superorde de insectos máis diversa, cun millón de especies vivas divididas en 11 ordes, que conteñen insectos como as bolboretas, moscas, pulgas, abellas, formigas e escaravellos.[2]

O fósil de endopterigoto máis antigo data do Carbonífero.[3]

Os Endopterygota son por veces divididos en tres ensamblaxes: Neuropterida (Neuroptera, Megaloptera, Raphidioptera, Strepsiptera e Coleoptera), Hymenopteroida (Hymenoptera), e Panorpida (Siphonaptera, Diptera, Trichoptera, Lepidoptera e Mecoptera).

As análises moleculares aclararon a filoxenia do grupo, como se mostra no seguinte cladograma.[4]

Endopterygota

Hymenoptera (avespas)

Aparaglossata
Neuropteroidea
Neuropterida

Raphidioptera

Megaloptera

Neuroptera

Coleopterida

Coleoptera (escaravello)

Strepsiptera

Panorpida
Amphiesmenoptera

Trichoptera

Lepidoptera (bolboretas, avelaíñas)

Antliophora

Diptera (moscas)

Mecoptera (moscas escorpión)

Siphonaptera (pulgas)

(Holometabola)

Descrición

[editar | editar a fonte]
Estadios do holometabolismo en Hymenoptera

Os Endopterygota distínguense dos Exopterygota polo modo en que se lles desenvolven as ás. Os Endopterygota (literalmente "formas aladas internas") desenvolven as ás dentro do corpo e sofren unha elaborada metamorfose na que hai un estadio pupal. Os Exopterygota ("formas aladas externas") desenvolven a ás no exterior dos seus corpos e non pasan por un estadio de pupa. Porén, a última característica é plesiomórfica, xa que se encontra tamén en grupos como os Odonata (libélulas e cabalos do demo), que non son Neoptera, senón máis basais entre os insectos.

  1. Wang, Y.-h. et al. Fossil record of stem groups employed in evaluating the chronogram of insects (Arthropoda: Hexapoda). Sci. Rep. 6, 38939; doi 10.1038/srep38939 (2016).
  2. Rolf G. Beutel; Hans Pohl (2006). "Endopterygote systematics – where do we stand and what is the goal (Hexapoda, Arthropoda)?". Systematic Entomology 31 (2): 202–219. doi:10.1111/j.1365-3113.2006.00341.x. 
  3. A. Nel; P. Roques; P. Nel; J. Prokop; J. S. Steyer (2007). "The earliest holometabolous insect from the Carboniferous: a "crucial" innovation with delayed success (Insecta Protomeropina Protomeropidae)". Annales de la Société Entomologique de France 43 (3): 349–355. doi:10.1080/00379271.2007.10697531. 
  4. Kjer, Karl M.; Simon, Chris; Yavorskaya, Margarita; Beutel, Rolf G. (2016). "Progress, pitfalls and parallel universes: a history of insect phylogenetics". Journal of the Royal Society Interface 13 (121): 121. PMC 5014063. PMID 27558853. doi:10.1098/rsif.2016.0363. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]