Basal (filoxenia)
Aparencia
(Redirección desde «Basal (evolución)»)
Na Filoxenia, os membros basais dunha liñaxe son aqueles que se separaron máis cedamente cós outros membros do mesmo grupo. O termo úsase frecuentemente en oposición a derivado. Por exemplo:
- As paleodicotiledóneas son fanerógamas basais, que diverxeron antes da separación entre as monocotiledóneas e as eudicotiledóneas.
- Os xibóns son o grupo actual máis basal dos Hominoidea, tendo diverxio da liña principal moito máis cedo có resto (orangután, gorila, chimpancé e humano).
Moitos biólogos (especialmente os que empregan a cladística) prefiren o uso de "basal" no canto do concepto "primitivo," que agocha inferioridade, sendo todo o contrario, se un membro basal dun grupo existe durante longo tempo terá máis tempo para evolucionar e estará, a miúdo, tan ben adaptado ao seu hábitat coma os membros derivados.