Encerado interactivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Encerado interactivo no CeBIT de 2007

Un encerado interactivo ou encerado dixital interactivo (EDI), é unha gran pantalla interactiva conectada a un ordenador e proxector que permite visualizar o escritorio do computador nunha superficie lisa e ríxida que fai de pantalla, montada normalmente nunha parede ou nun moble de soporte, onde os usuarios controlan o ordenador usando un bolígrafo, dedo ou outro procedemento, dando interactividade á imaxe.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O encerado interactivo utilízase para o ensino[1], en reunións corporativas e de grupos de traballo, para o adestramento deportivo ou en estudios de televisión. Nalgúns países, como é o caso do Reino Unido a súa implantación comezou co século XXI e foi rápida, así en 2004, 26% das clases de primaria nese país dispuñan desta tecnoloxía.[2] e en 2007 o 100% das escolas de primaria e o 98% das de secundaria tiñan estes aparellos.[3]. En Galicia comezou a implantarse no curso 2005/2006 con 200 unidades nos centros de infantil e primaria[4], e no ano 2009 contábanse 1465 unidades, converténdose na primeira comunidade autónoma de España onde todos os centros educativos contaban con cando menos un encerado interactivo.[5]

Os encerados interactivos permiten facer anotacións manuscritas, así como gardalas, imprimilas, envialas por correo electrónico e exportalas a diversos formatos, así como tamén operar calquera software cargado no ordenador ao que está conectado, como navegadores web ou software propietario, usar software para capturar notas escritas nun encerado branco ou nunha taboíña gráfica, visualizalos en Internet ou controlar o ordenador mediante arrastrar e soltar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Domingo, M. (2011). "Pizarra Digital Interactiva en el aula: Uso y valoraciones sobre el aprendizaje". ESE-Estudios sobre Educación (20): 99–116. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2018. Consultado o 02 de abril de 2018. 
  2. "Primary Teacher's Toolbox Interactive Whiteboard Research". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2012. Consultado o 31 de xullo de 2012. 
  3. "Harnessing Technology schools survey 2007 BECTA". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2009. Consultado o 25 de decembro de 2010. 
  4. ¿Que ventaxes ten a pizarra dixital na escola? Xornal 22 de abril de 2006 [Ligazón morta]
  5. Galicia, primera comunidad con pizarras digitales en todos los centros, La Voz de Galicia, 9 de xaneiro de 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]