Saltar ao contido

Emilio Tapia Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Mención a Tapia nun exemplar de Ilustración Gallega, 1912.

Traxectoria

Estudou Dereito na Universidade Central de Madrid (1883-1885). Foi profesor de Xeografía e Historia en Viveiro. Foi director de El Lucense, El Eco de Galicia, El Diario de Mondoñedo, El Día de Mondoñedo e El Norte de Galicia e fundou El Correo de Lugo na súa última etapa. Deputado provincial, foi vicepresidente e despois presidente da Deputación de Lugo e líder dos conservadores da provincia de Lugo. Foi académico fundador da Real Academia Galega.


Predecesor:
-
 
Presidente da Deputación de Lugo
 
1915 - 1917
Sucesor:
José Benito Pardo Rodríguez

Obras

  • Cosas íntimas, 1903.

Véxase tamén

Ligazóns externas