Emilio Quiroga Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Quiroga Losada
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1894 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de outubro de 1974 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsManuel Quiroga Losada Editar o valor em Wikidata

Emilio Quiroga Losada, nado en Pontevedra o 9 de xaneiro de 1894 e finado na mesma cidade o 19 de outubro de 1974, foi un arquitecto galego que traballou na súa vila natal e en Galicia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de José Quiroga Hermida e de Pilar Losada Vázquez. Tivo catro irmáns, entre os que destacou o famoso violinista Manuel Quiroga Losada.[1][2]

Estudou arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, na que terminou a carreira en xuño de 1931. Ese ano volveu a Pontevedra, cidade na que obtivo por concurso o posto de arquitecto municipal que estaba sen ocupar e na que formou parte da Comisión Provincial de Monumentos co arquitecto Juan Argenti Navajas.[1][3]

Na súa primeira etapa profesional realizou múltiples obras en Pontevedra. En 1932 reformou os antigos aseos públicos subterráneos anexos á Casa consistorial de Pontevedra na Praza de España. En 1934 deseñou o edificio da Xunta de Protección de Menores na estrada de Vigo.[1]

En 1943 deseñou a casa de Valentín Muiños, edificio sito fronte a Villa Pilar e facendo esquina entre as rúas Xeneral Gutiérrez Mellado e Marqués de Riestra, que foi no seu momento o máis alto da cidade.[1][4]

Entre os edificios singulares nos que deixou a súa pegada en Pontevedra, proxectou o edificio da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra inaugurado en 1948 e en 1945 o novo edificio do Mercado de Abastos de Pontevedra no centro histórico da cidade.[1][5][6][7][8]

En 1965 construíu xunto cos arquitectos Ramón Vázquez Molezún e José de Mata Gorostiaga o edificio sede do Banco do Noroeste na cidade da Coruña.[1][9]

Deseñou outros edificios na provincia de Pontevedra como o Cine Lalín en 1960 en Lalín, un dos edificios destacados da arquitectura cinematográfica galega, con estética funcional e racionalista.[10][11][12]

Ademais de arquitecto era un apaixonado do violoncelo, que tocaba na Orquestra de Cámara de Pontevedra e foi membro activo da Sociedade Filharmónica de Pontevedra, cidade na que tamén foi membro do padroado do Museo de Pontevedra.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]