Emilio Pereiro Quiroga
Emilio Pereiro Quiroga | |
---|---|
Nacemento | 1873 |
Lugar de nacemento | Furelos |
Falecemento | 1941 |
Lugar de falecemento | Melide |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogado, escritor e político |
Cónxuxe | Juana Teresa Juega López |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Emilio Pereiro Quiroga, nado en Furelos (Melide) en 1873 e finado na vila de Melide en 1941, foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do mestre de Furelos Andrés Pereiro. Estudou no Seminario de Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado en Melide. Poeta en castelán e galego, colaborou en De Todo un Poco, Follas Novas, Revista Gallega, Aires d’a Miña Terra e Nova Galicia. Na ditadura de Primo de Rivera foi secretario do concello de Arzúa e foi nomeado alcalde de Arzúa en febreiro de 1926.[1] Permaneceu no posto ata o ano seguinte.
Predecesor: Castor Casas Sánchez |
![]() Alcalde de Arzúa 1926 - 1927 |
Sucesor: Ricardo Costoya Núñez |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en 1910 con Juana Teresa Juega López e foi pai de Emilio, Luis, Teresa e Carlos Pereiro Juega.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BOP A Coruña, 17-3-1926, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Monterroso Devesa Juega, José maría (2001). "Poesía e prosa de Emilio Pereiro Quiroga". Boletín do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide (14).
- Cascón Rodríguez, Armando F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. pp. 101, 108. ISBN 84-9812-018-7.