Castor Casas Sánchez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1895 Sacos, España |
Morte | 22 de setembro de 1937 (41/42 anos) Arzúa, España |
Alcalde de Arzúa | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Castor Casas Sánchez, nado en Sacos (Concello de Cotobade) cara a 1895 e finado en Arzúa o 22 de setembro de 1937, foi un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o Bacharelato no Instituto de Pontevedra. Médico en Arzúa. Na ditadura de Primo de Rivera pertenceu ao corpo de Somatenes,[1] foi nomeado alcalde de Arzúa polo gobernador civil en agosto de 1925.[2] Médico titular do concello de Arzúa. Na República foi membro da Unión Regional de Derechas de Arzúa e foi multado polo gobernador civil con 500 pesetas xunto con Eugenio Rilo Torres, por interromper cun grupo de mozos un mitin da Agrupación Socialista de Arzúa en abril de 1932.[3] Foi separado do servizo como médico titular a finais de 1932.[4] Cando en 1936 se fundaron as Juventudes de Acción Popular en Arzúa, por delegación da organización compostelá, Castor Casas foi nomeado o seu presidente. Finou en Arzúa o 22 de setembro de 1937.[5]
Predecesor: José Rivas Conde |
Alcalde de Arzúa 1925 - 1926 |
Sucesor: Emilio Pereiro Quiroga |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lanero Táboas, Daniel (2006). Os remendos da memoria. A represión franquista no Concello de Arzúa (1936-1950). Arzúa: Concello. ISBN 84-606-4054-X.
- Lanero Táboas, Daniel (2007). "Unha nova ollada á represión franquista en Galicia: Motivacións e extracción social dos represores. O caso de Arzúa" (PDF). Semata 19: 221–239. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016.