Emilio Novás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEmilio Novás
Biografía
Nacemento25 de abril de 1905 Editar o valor em Wikidata
Vilaboa, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de outubro de 1937 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , militar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Emilio Novás Naya, nado en Vilaboa (Culleredo) o 25 de abril de 1905 e finado o 29 de outubro de 1937, foi un sindicalista e militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación "La Libertaria", obra de Jorge Pastor.

Veciño de San Pedro de Nós, cociñeiro, afiliado á CNT. Formouse sindicalmente en Cuba, de onde foi deportado nos primeiros tempos da II República. Foi moi activo nas organizacións campesiñas da CNT nos arredores da Coruña e participou na creación da Federación Comarcal de Campesinos en San Pedro de Nós, en xullo de 1932. Polas súas actividades revolucionarias neste período cumpriu condena no Penal de Burgos, ata a amnistía despois da vitoria da Frente Popular. Colaborou nos periódicos da CNT Solidaridad Obrera e Solidaridad.

Participou na resistencia contra o golpe militar en xullo de 1936, estivo agochado na Coruña ata que en xaneiro de 1937 conseguiu fuxir cara Asturias no barco “La Libertaria”. Alí ingresou na Agrupación Confederal Galaica en Asturias e alistouse para combater no Batallón Galicia en xaneiro de 1937, onde foi capitán.

Morreu no Alto do Acevo cando regresaba a Galicia despois da caída da fronte asturiana o 29 de outubro de 1937.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]