Emilio Novás
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1905 Vilaboa, España |
Morte | 29 de outubro de 1937 (32 anos) Monteseiro, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, militar, cociñeiro |
Membro de | |
Cronoloxía | |
4 de xaneiro de 1937-7 de xaneiro de 1937 | evasión de La Libertaria |
Emilio Novás Naya, nado en Vilaboa (Culleredo) o 25 de abril de 1905 e finado en Monteseiro (A Fonsagrada) o 29 de outubro de 1937, foi un sindicalista e militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de San Pedro de Nós, cociñeiro, afiliado á CNT. Formouse sindicalmente en Cuba, de onde foi deportado nos primeiros tempos da II República. Foi moi activo nas organizacións campesiñas da CNT nos arredores da Coruña e participou na creación da Federación Comarcal de Campesinos en San Pedro de Nós, en xullo de 1932.
Polas súas actividades revolucionarias neste período cumpriu condena no Penal de Burgos, ata a amnistía despois da vitoria da Fronte Popular. Colaborou nos periódicos da CNT Solidaridad Obrera e Solidaridad.
Participou na resistencia contra o golpe militar en xullo de 1936, estivo agochado na Coruña ata que en xaneiro de 1937 conseguiu fuxir cara Asturias no barco La Libertaria. Alí ingresou na Agrupación Confederal Galaica en Asturias e alistouse para combater no Batallón Galicia en xaneiro de 1937, onde foi capitán. Morreu no Alto do Acevo cando regresaba a Galicia despois da caída da fronte asturiana o 29 de outubro de 1937.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El Batallón Galicia nº 19 Arquivado 13 de agosto de 2012 en Wayback Machine.