Emilio López Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emilio
Información persoal
Nome completo Emilio López Fernández
Nacemento 9 de xullo de 1965 (54 anos)
Lugar Vigo, Galicia
Altura 1,84 m
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
1987-88 Gran Peña
1988-89 Arosa SC
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1989–1993 Celta de Vigo - (-)
1993–1994 UE Figueres - (-)
1994–1995 CD Badajoz - (-)
1995–1996 CD Leganés - (-)
1996–1999 CD Badajoz - (-)
1999–2000 CA Osasuna - (-)
2000–2001 Real Jaén - (-)
2001–2003 Hércules CF - (-)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Emilio López Fernández, nado en Vigo o 9 de xullo de 1965, é un ex futbolista galego que xogaba de porteiro, máis coñecido como Emilio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formado na canteira do Celta de Vigo, xogou no Gran Peña (daquela filial do primeiro equipo), e no Arosa SC, até que chegou ao primeiro equipo celeste na tempada 1989/90. Estivo no equipo catro anos (dous en segunda división e dous en primeira), pero non chegou a ser titular pola presenza d Javier Maté primeiro e de Santiago Cañizares despois.

En 1994 fichou pola UE Figueres, en Segunda B, e ao ano seguinte fichou polo CD Badajoz, onde compartiu a titularidade co veterano Ángel Lozano. A tempada seguinte xogou no CD Leganés, e na tempada 1996/97 regresa a Badaxoz converteuse nun dos alicerces do equipo, que loitou polo ascenso a Primeira División. Esa campaña Emilio acadou o Trofeo Zamora como porteiro menos goleado da categoría. Pasou dous anos máis no equipo.

Na tempada 1999/00 defendeu a meta do CA Osasuna, que nesa campaña logrou ascender a Primeira División. Porén, seguiu xogando en segunda tras fichar ao ano seguinte polo Real Jaén. No verán de 2001 fichou polo Hércules CF, que xogaba en Segunda B, onde estivo dous anos.

Trala súa retirada pasou a ser adestrador de porteiros no Celta de Vigo B.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Club País Año
Gran Peña España 1987-1988
Arosa SC España 1988-1989
Celta de Vigo España 1989-1993
UE Figueres España 1993-1994
Club Deportivo Badajoz España 1994-1995
CD Leganés España 1995-1996
Club Deportivo Badajoz España 1996-1999
CA Osasuna España 1999-2000
Real Jaén España 2000-2001
Hércules CF España 2001-2003

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Liga de Segunda División Celta de Vigo España 1992

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Trofeo Zamora de Segunda División 1997

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]