Cornalvo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
Encoro de Cornalvo
Roman Cornalvo dam, Extremadura, Spain. Pic 01.jpg
Vista do encoro romano.
Flag of UNESCO.svg Información Flag of UNESCO.svg
Inscrición: 1993 (XVII Sesión)
País: España España
Localización: 38°59′23.67″N 6°11′23.44″W / 38.9899083°N 6.1898444°W / 38.9899083; -6.1898444
Rexión: Europa
Tipo: Cultural
Criterios: iii, iv
Descrición UNESCO: fr en

Cornalvo é un encoro romano sito a uns 10 km de Mérida (Estremadura). Dá nome ao Parque Natural onde se localiza a propia presa.

Encoro romano[editar | editar a fonte]

A presa é unha construción romana levantada sobre o regueiro de Albarregas, que se usaba para abastecer de auga a parte da cidade de Emerita Augusta (a actual cidade de Mérida). A parede de contención é unha muralla de 220 metros de longo por 18 de alto, sendo a parte que se encontra en contacto con a auga de ladrillo e granito. Esta construción foi declarada Monumento Nacional o 13 de decembro de 1912, aínda que o encoro segue a ser utilizado na actualidade.

Parque Natural de Cornalvo[editar | editar a fonte]

Vista do Parque Natural de Cornalvo.

A súa contorna é un Parque Natural, razón pola que goza de protección especial da Xunta de Estremadura desde 1988, e, posúe unha rica flora e fauna. Accédese ao encoro e ao Parque Natural por un camiño asfaltado desde un centro de interpretación situado na periferia da vila de Trujillanos. Seguindo ese camiño hai unhas devesas pertencentes á Xunta de Extremadura.

O parque abrangue terras dos concellos de Mérida, Mirandilla, Guareña, San Pedro de Mérida, Alcuéscar, Arroyomolinos, El Carrascalejo, Montánchez e Alhucén.

O río Aljucén[editar | editar a fonte]

Parte o parque o río Aljucén, tributario do Guadiana, corrente de auga tipicamente mediterránea cunha acusada estiaxe que provoca que no verán quede seco por tramos e a vía acuática se concentre en pozas e charcas, denominadas "charcas madre".

Cómpre dicer que neste río áchase unha especie de peixe chamado vulgarmente harabugu, que está en continua regresión e tan só ficaban nalgúns lugares do Guadiana (as últimas noticias dano por extinto no río Guadalquivir).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]