Elsa Pataky

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elsa Pataky
Elsa Pataky Cutout.png
Pataky en decembro de 2007
Nome completoElsa Lafuente Medianu
Nacemento18 de xullo de 1976 (42 anos)
LugarMadrid, España
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade San Pablo CEU
Cónxuxe(s)Adrien Brody (2006–2009)
Chris Hemsworth (2010-presente)
Fillos1
ProfesiónActriz
http://www.elsapataky.com/
editar datos en Wikidata ]

Elsa Lafuente Medianu, nada o 18 de xullo de 1976 en Madrid, é unha actriz española máis coñecida polo seu nome artístico Elsa Pataky. O seu pai, José Francisco, é químico e a súa nai Cristina (de orixes romanesas) é publicista. O seu apelido artístico é o dun avó que a introduciu no mundo da interpretación.

Comezos[editar | editar a fonte]

Estudou xornalismo na Universidade San Pablo CEU, ao tempo que comezaba a formarse como actriz. Estudou con Ángel Gutiérrez e Paco Pino e formou parte da compañía teatral Teatro Cámara de Ángel Guitiérrez, ca que realiza as súas primeiras aparicións no escenario.

En 1997 deixa temporalmente os estudos ao ser contratada para a serie Al salir de clase, que lle serviu de entrada no mundo televisivo como ponte para aparecer nos seus primeiros filmes, Clara (1999) e o thriller El arte de morir de Álvaro Fernández Armero xunto con Fele Martínez e Gustavo Salmerón.

Destaca a súa facilidade para os idiomas ao falar castelán, francés, inglés e romanés con fluidez, e tamén italiano, o que lle serviu para actuar nos respectivos idiomas en varias coproducións con Francia e Gran Bretaña.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
1997 Solo en la buhardilla Chica revista Curtametraxe
1997 Al salir de clase Raquel Alonso Serie de televisión (192 episodios)
1998 Tio Willy Serie de televisión (1 episodio)
1998 La vida en el aire Serie de televisión (13 episodios)
2000 The Art of Dying Candela
2000 Hospital Central Maribel Serie de televisión (2 episodios)
2000 Tatawo Blanqui
2000 Less Is More Diana
2000 Queen of Swords Vera Hidalgo Serie de televisión (14 episodios)
2001 Sin noticias de Dios Camareira do inferno
2001 Twelfth Night Marta Cuspineda
2002 Clara Telefilme
2002 Peor imposible ¿qué puede fallar? Fátima
2002 Paraíso Luisa Serie de televisión (1 episodio: "El cebo")
2003 7 vidas Cristina Serie de televisión (1 episodio: "La jaula de las locas")
2003 Beyond Re-Animator Laura Olney
2003 El furgón Nina
2003 Atraco a las 3... y media Katya
2003 Los Serrano Raquel Albaladejo Serie de televisión (11 episodios)
2004 Romasanta. A caza da besta Barbara
2004 Tiovivo c. 1950 Balbina
2005 Iznogoud Prehti-Ouhman
2005 Arquitectura efímera deconstruida Vídeo 'Retorciendo palabras' Vídeo
2005 Ninette Alajandra 'Ninette'
2005 Films to Keep You Awake: The Christmas Tale Ekran Telefilme
2006 Snakes on a Plane Maria
2007 Manuale d'amore 2 Cecilia
2008 Máncora Ximena Saavedra
2008 Skate or Die Dany
2008 Santos Laura Luna
2009 Giallo Celine
2009 Give 'Em Hell, Malone Evelyn
2009 Mujeres asesinas Paula Moncada Serie de televisión (1 episodio: Ana y Paula, ultraxadas)
2010 Mr. Nice Ilza Kadegis
2010 Di Di Hollywood Di Di
2011 La importancia de llamarse Enesto Curtametraxe
2011 Fast Five Elena Neves
2011 Where the Road Meets the Sun Michelle
2011 Snowflake, the White Gorilla / Copito de nieve Bruxa do Norte
2012 All Things to All Men Sophia Peters
2012 The Wine of Summer Veronica
2013 Fast Six Elena Neves

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]