Eliseo Bayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eliseo Bayo
Nacemento7 de novembro de 1939
 Caspe
Falecemento1950
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Eliseo Antonio Bayo Poblador, nado en Caspe (provincia de Zaragoza) en 1939, é un escritor, xornalista e activista aragonés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na vila de Caspe, onde viviu até os 12 anos, cando foi ao seminario de Alcorisa (provincia de Teruel). Alí recibiu a influencia do sacerdote Pérez e de Domingo Laín. Aos 16 anos marchou ao seminario de Zaragoza, e despois marchou a Barcelona a estudar Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona ao tempo que traballaba nunha compañía de seguros primeiro, e como corrector de probas na editorial Plaza y Janés despois. Comezou a traballar como periodista en La Solidaridad Nacional, cunha serie de reportaxes de corte social. Escribiu tamén en El Noticiero Universal e outras publicacións de Barcelona.

En 1959 iniciou unha relación sentimental con Lidia Falcón, avogada feminista separada e nai de dous fillos, coa que formou parella até 1983. Estivo afiliado ao PSUC, pero deixouno ao marchar a Zaragoza para facer o servizo militar. Alí escribiu en periódicos como Heraldo de Aragón (1961-62) e Buscar voz. Na cidade Coincidiu con Luis Carandell e José Antonio Labordeta.

Entrou en contacto coas Juventudes Libertarias, grupo co que participou en distintas actividades subversivas. A conexión con grupos de extrema esquerda e o anarquismo levárono a prisión en varias ocasións, ao verse implicado no atentado da rúa Correo de Madrid, no que non tomou parte. Detido en 1962, ingresou no cárcere Modelo, pasando despois ao penal de Burgos, cunha condena de once anos. En 1965 foi excarcerado e reiniciou a convivencia con Lidia Falcón.

En 1983, coa chegada do PSOE ao goberno de España, marcha a Hispanoamérica, regresando en 1994. Residiu uns anos en México DF, onde estudou a arte e a cultura prehispánica. Alí coñeceu a Marta Canalizo, coa que casou e tiveron un fillo chamado Tomás. Regresou a España en 1994, e en 1996 instalouse en Caspe, onde se afiliou ao partido local CPC (Compromiso por Caspe). En 2008 trasladouse a Barcelona.

Obra[editar | editar a fonte]

Como periodista, amais de colaborar en diferentes medios como Gaceta Ilustrada ou Cuadernos para el Diálogo, foi coordinador de reportaxes en Interviú, Destino, Sábado gráfico e Repórter. Dirixiu a revista cultural Actual. En 1998 a editorial Alba publicou Estrictamente prohibido, unha escolma de artigos censurados durante o franquismo.

Se ben os seus libros máis coñecidos son os de temática politica, nos que examina temáticas como a sociedade tradicional, ou o conflito dunha sociedade fortemente estamentada e ritualizada, escribiu sobre temas moi afastados da mesma, como novela negra, ensaio, poesía e divulgación.

Lidia Falcón declarou en maio de 2001 que ela e Eliseo serviron de «negros» na editorial Danae para escribir El libro de la vida sexual (1968), grande éxito editorial que asinou o afamado psiquiatra Juan José López Ibor.

Conocido autor antifranquista, en Los atentados contra Franco (Plaza y Janés, 1976) narra o intento de asasinar ao ditador Francisco Franco por parte dun grupo de anarquistas en agosto de 1962, mediante unha bomba soterrada nunha estrada, para o cal as persoas implicadas contactaron con ETA.

  • Blanco y negro en el Congo, Barcelona: Plaza & Janés, 1962.
  • La descolonización. Biografía de Lumumba.
  • Petróleo, Barcelona: Plaza & Janés, 1963.
  • En la pendiente, 1968;
  • El miedo, la levadura y los muertos, 1968.
  • Los trabajos duros de la mujer, 1970;
  • El desafío en España, 1970.
  • El manifiesto de la tierra, 1973.
  • Oración de campesinos, 1974.
  • Portugal, en libertad condicional, 1974.
  • ¿De qué viven y por qué no mueren los españoles?, 1975.
  • Sueños, discurso y destrucción de los inocentes, 1976.
  • Los atentados contra Franco, 1977.
  • Orquesta para la libertad, 1978.
  • El día de los jueces, 1982.
  • Descubro y acuso, 1985.
  • Diez Ideas para levantar España, Barcelona: Plaza & Janés, 1986.
  • Cazadores de sombras, 1996.
  • Gal, punto final, 1997.
  • Estrictamente prohibido : reportajes censurados y otros relatos de la España negra, 1998.
  • La niebla es un espejo vacío, 2000.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]