Antonio Vázquez Campo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 Chantada, España |
Morte | 26 de decembro de 1976 (76/77 anos) Burgos, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | notario , escritor |
Familia | |
Irmáns | Daniel Vázquez Campo |
Antonio Vázquez Campo, nado en Chantada en 1899 e finado en Burgos o 26 de decembro de 1976, foi un avogado e notario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Daniel Vázquez Bóo e irmán de Daniel Vázquez Campo. Colaborou en El Regionalista e publicou poemas en Vida Gallega, onde asinaba como Antonio Vázquez do Campo. Foi notario de Santa María del Campo, Orduña, Monforte del Cid, Reus, Durango, Tomelloso, Vigo (1957),[1] Valladolid e Madrid. Finou en Burgos o 26 de decembro de 1976.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Corazón que no ve, 1927.
- 1. Proemio en sus dos partes: Yo, Mi castro filosófico, 1954.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Ideario notarial. Naturaleza y desenvolvimientos del poder legitimador del Estado, 1928.
- Hacia la reforma constitucional española, 1929.
- Manifiesto humanobiológico, 1963.
- Antología tonovazquista..., 1972.
- El divino Greco. Puntualizaciones en torno a su vida y obra, 1974.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Burgos con Margarita Fernández-Ville Dorbe en 1931.[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 9-1-1957, p. 5.
- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ El Progreso, 22-9-1931, p. 1.