Saltar ao contido

El Norte de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 27 de outubro de 2016 ás 20:01 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (→‎Ligazóns externas: Arranxos varios, replaced: {{galiciana| → {{Galiciana obra|)

El Norte de Galicia foi un xornal que se editou en Lugo entre 1901 e 1923.

Características

Apareceu o 31 de xaneiro de 1901 (II Época, Ano III, nº 1), tiña como subtítulo Diario político y de información que cambiou posteriormente por Diario de información y el de mayor circulación de Lugo y su provincia. Foi propiedade de Antonio Pardo Pardo-Montenegro, fillo de Manuel Pardo de la Vega.

Voceiro da política conservadora na provincia de Lugo, o seu primeiro director foi Emilio Tapia Rivas. Tivo como redactores a Antonio Couceiro Freijomil, Juan Ramón Somoza, Ramón Robles Neira e Manuel Molina Mesa e entre os seus colaboradores figurou Manuel García Blanco.

Cesou a súa publicación en xaneiro de 1923. Nos seus talleres pasou a imprimirse La Provincia, novo órgano conservador de Lugo.

Véxase tamén

Ligazóns externas