Saltar ao contido

El Imparcial (1867)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «El Imparcial (1867-1933)»)

El Imparcial
Diario liberal
Tipodiario
Fundación16 de marzo de 1867
Remata1933
FundadorEduardo Gasset y Artime
ColaboradoresXeración do 98: Unamuno, Maeztu, Azorín, Pío Baroja
TendenciaLiberalismo
LinguaCastelán
LocalidadeMadrid e España
ÁmbitoMadrid
Prezo5 céntimos
Tiraxe122 635 (o 31/7/1900)
ISSN2171-0244
Na rede
HemBNE: 0000189234 HemBNE: 188939
editar datos en Wikidata ]

El Imparcial foi un diario de ideoloxía liberal fundado polo galego Eduardo Gasset y Artime o 16 de marzo de 1867[1] e desaparecido en 1933. Foi un dos primeiros diarios de empresa, en contraposición aos diarios de partido.

"Costumbres gallegas", por Rosalía de Castro, 28/3/1881.

Foi o diario de maior difusión e influencia durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo, mais comezou a perder prestixio debido aos seus vaivéns políticos, e especialmente tralo nomeamento do seu director, Rafael Gasset Chinchilla como ministro de Fomento de Francisco Silvela, en 1900. Trala súa instalación inicial na rúa de Mesonero Romanos, trasladouse a súa sede ao edificio madrileño deseñado por Daniel Zavala Álvarez na rúa Duque de Alba, 4 (praza de Tirso de Molina).

Tivo na sección cultural Los Lunes de El Imparcial a máis importante en lingua castelá durante décadas, coa colaboración habitual da plana maior da Xeración do 98: Miguel de Unamuno, Ramiro de Maeztu, Azorín, Pío Baroja

Formou, canda El Liberal e o Heraldo de Madrid, a Sociedade Editorial de España,[1] tamén coñecida como o "Trust", sendo, dos tres, o que estaba situado á dereita cun público máis burgués, temeroso de movementos obreiros e novos nacionalismos. Foi dirixido tamén polo xeneral Luis Bermúdez de Castro.

  1. 1,0 1,1 Esteve Ramírez 1989, p. 335.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]