El Heraldo Gallego (1913)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 15 de xuño de 2015 ás 13:20 por Elisardojm (conversa | contribucións) (amaño referencia)

El Heraldo Gallego foi un xornal galego que se editou en Ourense entre 1913 e 1914.

Traxectoria

Apareceu a finais de novembro de 1913, tralo peche de Heraldo de Galicia, ao que veu a substituír. Promovido por Basilio Álvarez e dirixido por Manuel Lustres Rivas, o seu redactor-xefe era Joaquín Núñez de Couto. Foi un periódico de tendencia agraria, órgano de Acción Gallega. En 1914 o enfrontamento de Basilio Álvarez coas autoridades ourensás e co bispo Eustaquio Ilundáin fixo que El Heraldo Gallego e o seu director caeran baixo o peso das denuncias e as constantes causas xudiciais.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.