Saltar ao contido

Heraldo de Galicia (1913)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Heraldo de Galicia (1913)
LocalidadeOurense
editar datos en Wikidata ]

Heraldo de Galicia foi un xornal editado no Concello de Canedo en 1913.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario independiente, pareceu a principios de xaneiro de 1913. Periódico de tendencia agrarista fundado por Adolfo Merelles Martel, estaba dirixido por Benito Serantes Echegaray. Foron os seus redactores Justo Hermida, Antonio Docampo e Vicente Domínguez. Entre os seus colaboradores figurou Amando Losada. En outubro de 1913 Benito Serantes dimitiu como director, sendo substituído polo fundador Adolfo Merelles. Nos últimos meses de 1913 substituíu a revista Acción Gallega como portavoz do movemento Acción Gallega durante un período curto de tempo. Cesou a súa publicación o 11 de novembro de 1913.[1] Foi continuado por El Heraldo Gallego.

  1. Noticiero de Vigo, 12-11-1913, p. 1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]