José Cortés Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Cortés Fernández
Nacemento22 de xuño de 1897
 San Miguel de Castro
Falecemento15 de outubro de 1936
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre, xornalista e político
editar datos en Wikidata ]

José María Cortés Fernández, nado en San Miguel de Castro (A Estrada) o 22 de xuño de 1897[1] e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1936, foi un mestre, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mestre interino de Asperelo en 1929,[2] e, logo de aprobar as oposicións en 1931, mestre de Goián.[3] Colaborou en El Emigrado, Tribuna, Nuevo Heraldo e El País. En abril de 1933 a garda civil de Tui rexistrou o seu domicilio na busca de folletos clandestinos.[4] Sostivo un enfrontamento co mestre Manuel Fernández Álvarez, que deu lugar á presentación dunha querela por inxurías, aínda que a mediación doutros mestres fixo que fora retirada.[5] Foi socio da Casa del Maestro de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o 8 de outubro por rebelión militar con José Gómez Rivas, Ramiro Buján Gómez e Manuel Bugallo Pereira, foi condenado a pena de morte con José Gómez. Foron fusilados o 15 de outubro de 1936.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mortos
  2. El Pueblo Gallego, 27-4-1929, p. 7.
  3. El Progreso, 14-6-1931, p. 2.
  4. Tribuna, 16-4-1933, p. 2.
  5. El Pueblo Gallego, 8-10-1933, p. 11.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]