Saltar ao contido

Ramón Puente Barcala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Puente Barcala
Biografía
Nacemento21 de xullo de 1900 Editar o valor en Wikidata
Tabeirós, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 1939 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
San Miguel de Castro, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, xornalista Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7366

Ramón Puente Barcala, nado en Tabeirós (A Estrada) o 21 de xullo de 1900[1] e finado en San Miguel de Castro o 3 de outubro de 1939,[2] foi un mestre e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi mestre interino de Graba (1929) e dende 1931 mestre nacional en Arnois. Promoveu certames escolares e foi redactor de El Emigrado, onde publicou artigos reflexionando sobre como mellorar a escola e propostas como á da formación continua ou a campaña contra os xoguetes bélicos para reis. Foi nomeado socio de mérito pola sociedade Hijos del Ayuntamiento de La Estrada en Cuba. Implicouse na loita polo Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi depurado do maxisterio sendo suspendido de emprego e soldo. Finou con 39 anos na parroquia de San Miguel de Castro, onde estaba instalado pois alí exercía de mestra a súa muller. Foi soterrado no cemiterio da parroquia de Ouzande.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en maio de 1934 coa mestra Anuncia Blanco Coto.[3]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 44. 
  2. El Emigrado, 30-10-1939, p. 2.
  3. El Emigrado, 16-5-1934, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]