José Canalejas Casas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Canalejas y Casas 4 de decembro de 1827 Barcelona, España |
Morte | 2 de novembro de 1902 (74 anos) Madrid, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Senador de España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | enxeñeiro, político, científico |
Familia | |
Fillos | José Canalejas Méndez, Luis Canalejas |
Irmáns | Francisco de Paula Canalejas y Casas |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Canalejas y Casas (José María), p.67) |
José Canalejas Casas, nado en Barcelona en decembro de 1827 e finado en Madrid en novembro de 1902, foi un enxeñeiro, publicista e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou estudos de enxeñería industrial en Liexa.[1] Veu a Ferrol en 1854 para facerse cargo da Escola de Maquinistas da Armada,[2] e dirixiu o periódico El Eco Ferrolano.[3] Traballou na Compañía de los Caminos de Hierro de Ciudad Real a Badajoz.[4] Substituíu en 1876 como deputado polo distrito de Arévalo a Telesforo Gómez Rodríguez, elixido nas eleccións de 1876 da Restauración que renunciou por ser o cargo incompatible co de rexistrador da propiedade na localidade abulense.[5][6] En 1881 foi novamente elixido deputado polo distrito leridano de Les Borges Blanques, substituíndo a Manuel Vivanco Menchaca, elixido nas eleccións de 1879, que renunciou ao cargo en xaneiro de 1881.[7][8] Foi senador pola provincia de Ávila en 1891.[9] Foi membro do consello de administración da Sociedad Minero Metalúrgica de Peñarroya (SMMP).[10]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María del Amparo Méndez Romero e foi pai de José Canalejas, presidente do Consello de Ministros durante o reinado de Afonso XIII, e de Luis Canalejas, político e enxeñeiro.
Obras
[editar | editar a fonte]- Anuario de los progresos de la industria y la agricultura (1861)[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cuenca 1902, p. 318.
- ↑ "Juan J. Burgoa O cento cincuenta aniversario do nacemento de José Canalejas". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2007. Consultado o 28 de decembro de 2010.
- ↑ http://www.filosofia.org/ave/001/a285.htm José Canalejas Casas en Filosofía en español
- ↑ Cuenca 1902, p. 319.
- ↑ "Gómez Rodríguez, Telesforo. 32. Elecciones 20.1.1876". Congreso dos Deputados.
- ↑ "Canalejas y Casas, José. 32. Elecciones 20.1.1876". Congreso dos Deputados.
- ↑ "Vivanco Menchaca, Manuel. 33. Elecciones 20.4.1879". Congreso dos Deputados.
- ↑ "Canalejas y Méndez, José. 33. Elecciones 20.4.1879". Congreso dos Deputados.
- ↑ "Canalejas y Casas, José". Senadores. Senado de España.
- ↑ de los Cobos 2003.
- ↑ Martín 2014, p. 59.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Canalejas Casas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuenca, Carlos Luis de (30 de novembro de 1902). "D. José Canalejas y Casas". La Ilustración Española y Americana: 318–319. ISSN 1699-8677.
- Cobos, Francisco de los (2003). "Peñarroya-Fuente del Arco-Puertollano. El ferrocarril minero de una multinacional" (PDF). III Congreso de Historia Ferroviaria «Siglo y medio de ferrocarri en Asturias» (Gijón: Fundación de los Ferrocarriles Españoles).
- Martín, Joan C. (2014). L'aportació dels enginyers industrials de Catalunya a l'enologia (i la viticultura). Valencia: Anaconda Editions. ISBN 978-84-937044-3-8.