Saltar ao contido

Ventura Pueyo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVentura Pueyo
Biografía
Mortexaneiro de 1892 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, mestre Editar o valor en Wikidata

Buenaventura Pueyo Llanuza, finado en Ferrol en xaneiro de 1892[1], foi un profesor e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Profesor de ensino primario, publicou en 1868 Programas-instructores para la enseñanza de la gramática y de la aritmética. Fundou e dirixiu en Ferrol a revista El Pensamiento de Galicia e foi redactor de El Eco Ferrolano e El Diario Ferrolano. En 1878 estaba na Habana e colaborou con Waldo Álvarez Insua na posta en marcha de El Eco de Galicia[2]. Tamén colaborou en El Diario de Santiago e La Semana. Nos anos oitenta foi profesor de Matemáticas da Escola de Artes e Oficios de Ferrol e dirixiu un colexio privado.

  1. El Eco de Galicia, 16-1-1892, p. 3.
  2. El Diario de Santiago, 27-2-1878, p. 1 e 3-4-1878, p. 2.