Domingo Díaz de Robles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Domingo Díaz de Robles
Nacemento2 de xuño de 1812
 Ferrol
Falecemento1 de abril de 1867
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Domingo Díaz de Robles, nado en Ferrol o 2 de xuño de 1812 e finado en Madrid o 1 de abril de 1867, foi un militar e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a carreira militar en 1836 e participou na primeira guerra carlista nas batallas de Galaneta, Alcora –pola que acadou a Cruz de San Fernando–, Morella e Lucena. En 1840 foi destinado a Santiago de Compostela e sete anos máis tarde participou coa expedición española na sufocación da sublevación Patuleia de Portugal (1846-1847) e despois foi nomeado capitán do batallón provincial da Coruña. Durante a súa estadía en Compostela desempeñou unha das cátedras do colexio de Distinguidos de Galicia e participou na constitución da Academia Literaria de Santiago, da que chegou a ser presidente interino. Foi un dos iniciadores dos estudios sobre folclore ferrolán ao publicar en 1860 en El Eco Ferrolano unha colección de romances alusivos á súa cidade natal. Fundou e dirixiu o xornal El Idólatra de Galicia (1841-1842) e colaborou con poemas e traballos históricos en varios xornais e revistas, como o aparecido no Anuario Ferrolano para 1904 titulado Primera mención histórica de San Julián de Ferrol ou Galicia, etimoloxía do seu nome, en Galicia. Revista Universal de este Reino. Entre os seus poemas destacan “Mi mayor honor”, incluído no Álbum de la Caridad, "El anacoreta del siglo XXI" e "Al patriótico pronunciamiento de Santiago el 12 de setiembre de 1840", ambos os dous de 1840. Tamén é autor da edición e prólogo de Poesías de la Srta. Amalia Fenollosa (1843), Biografía del licenciado D. José García Mazo, magistral de la S.C.I. de Valladolid (1851) e Colección biográfica de los tipos notables de Galicia, desde los tiempos más remotos hasta nuestros días (1853), da que só se publicaron dúas entregas. Do seu labor como poeta en galego consérvanse trece poemas recollidos en Colección de poesías gallegas de diferentes autores (1865), de Xosé Casal Lois.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ríos Panisse, M. C. : Un precursor. Domingo Díaz de Robles (1812-1867) in Homenaxe á profesora Pilar Vázquez Cuesta, 1996, ISBN 84-8121-476-0, p. 585-603.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]