El Bólido (Moraña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Bólido
editar datos en Wikidata ]

El Bólido foi un semanario editado en Moraña entre 1916 e 1923.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado inicialmente Periódico independiente, apareceu o 27 de agosto de 1916. De tendencia agrario-rexionalista, o seu director era Antonio Bello Varela. Entre os seus colaboradores estaban José Vázquez Grela, Luciano Folgar, José Bugallo Fernández, Constante Diz Monteagudo e José Portas. En 1917 cambiou o subtítulo por Periódico Agrario. En 1917 mantivo polémicas con Acción Agraria. O 14 de abril de 1918 pasou a subtitularse ‘Órgano de las Sociedades Agrarias de Moraña e Cuntis. para pasar despois a’ Semanario Agrario Regionalista. Órgano de las Sociedades Agrarias de Moraña, Cuntis, Barro y Valga, converténdose no voceiro do agrarismo dos concellos de Moraña, Cuntis, Barro e Valga, ao non sentirse os labregos destes distritos apoiados pola federación agraria de Caldas á que pertencían. O paso de José Vázquez Grela ao bando caciquil e a alianza de varias sociedades agrarias co deputado Bernardo Mateo Sagasta fixo que o periódico entrara en crise e deixou de publicarse durante un tempo.

Tivo unha segunda época entre 1921 e 1923 co subtítulo Órgano de la Sociedad Agraria de Moraña con Constante Diz como administrador, Luciano Folgar, xefe de redacción, e Manuel Pereira García, José Bugallo e Salvador Novo Caldas como redactores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Casal Porto, Xosé (1999). Asociación Cultural A Cabana, Asociación Cultural O Meigallo, ed. "El Bólido, xornal agrario". A Taboada (0): 6–14. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]