Saltar ao contido

Antonio Bello Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Bello Varela
Biografía
Nacemento1876 Editar o valor en Wikidata (147/148 anos)
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata

Antonio Bello Varela, nado en 1876, foi un avogado e xornalista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dirixiu La Verdad de Pontedeume (1902)[1]. Marchou a Cuba desde onde enviou crónicas a El Eco de Santiago. Retornado a Galicia en 1908, colaborou en Vida Gallega. Instalado en Laraño no concello de Conxo en 1910, dirixiu La Tarde, colaborou en La Lucha, foi presidente da Sociedad Agrícola de Aríns e dirixiu El Látigo e El Bólido. Foi elixido concelleiro de Conxo en 1922[2]. Foi secretario do concello de Laza (1925), Beariz (1926), despois pasou a Xeve e durante a República foi secretario do concello de Manzaneda e en 1936 de Dodro.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en primeiras nupcias en Laraño con Dolores Torres Taboada en 1910[3], e en segundas nupcias en Santiago de Compostela con América Pérez Viondi en 1926[4].

  1. Couceiro Freijomil, Antonio (1971). Historia de Puentedeume y su comarca. Pontedeume. p. 347. 
  2. El Compostelano, 6-2-1922, p. 1-2
  3. Diario de Galicia, 7-4-1910, p. 2.
  4. El Compostelano, 8-2-1926, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]