El Agrario Barcalés
El Agrario Barcalés foi un periódico agrarista de Negreira en lingua castelá. Publicouse de 1921 a 1927.[1]
Características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Órgano de la Federación de las Asociaciones Agrarias del partido de Negreira e desde o número 6 Órgano de la Federación de las Asociaciones Agrarias del partido de Muros-Negreira, foi unha publicación agrarista que apareceu o 6 de setembro de 1921. Inicialmente era mensual, publicábase o primeiro domingo de cada mes, e desde o número 49 pasou a publicarse quincenalmente. Estaba dirixido por Manuel Ruso Alonso e Luís Pereiro González era o redactor-xefe.[1][2] Colaboraron nel Uxío Carré Aldao, Antón Villar Ponte, Prado Lameiro, Avelino Rodríguez Elías, Manuel Bergueiro e Salvador García-Bodaño Fernández. Incluía información sobre o agrarismo e a comarca da Barcala. Era partidario de José María Paramés candidato conservador a deputado pola circunscrición de Muros-Negreira. Desapareceu en xuño de 1927, co número 81.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Fabeiro Gómez, Manuel (2005). "Agrario Barcalés, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. II. Publicacións Periódicas. Editorial Galaxia. pp. 25–26. ISBN 84-8288-137-X.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Liñares Giraut, A. (1986). O Val de Barcala (1900-1936). Agrarismo, vida política, emigración e cultura. Santiago: Feiraco-Imprenta Minerva.
- ———; Lista Liñares, Omayra (2007). Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX. Ames: TresCtres. pp. 107–119. ISBN 978-84-935562-7-3.