Eiffel 65

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eiffel 65
Como Bloom 06: Maurizio Lobina (esq.) e Jeffrey Jey (der.)
OrixeTurín, Italia Italia
Período19982005
2010-actualidade
Xénero(s)Dance, Eurodance
Selo(s) discográfico(s)Universal Records
MembrosGianfranco Randone
Maurizio Lobina
Gabry Ponte
Na rede
www.eiffel65.com
IMDB: nm3090366 Facebook: eiffel65 Twitter: Eiffel65Band Instagram: eiffel65gram MySpace: eiffel65 Youtube: UCvRVb30lf7blziu2bHdWv1A Souncloud: eiffel-65 Spotify: 64rxQRJsLgZwHHyWKB8fiF iTunes: 1016230 Last fm: Eiffel+65 Musicbrainz: 6ee7a715-e0c0-46d0-a215-2e17001699fc Songkick: 432766 Discogs: 11149 Allmusic: mn0000150590 Deezer: 59 Genius: Eiffel-65 Editar o valor em Wikidata

Eiffel 65 é un grupo italiano de música electrónica dance formado no ano 1998 na cidade de Turín. O nome de “Eiffel” foi escollido á sorte por un programa informático e o “65” apareceu publicado xunto ao nome do grupo porque, por erro, alguén non reparou que eses números facían parte dun número de teléfono que ía adxunto á demo, fixando así o nome definitivo do grupo. Os seus temas son cantados en inglés, en italiano e, por veces, nos dous idiomas.

Biografía[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

A canción que lles deu a fama en 1999 foi “Blue (Da Ba Dee)”, coa que conseguiron un nomeamento aos “Grammys” por mellor gravación dance do ano. Os seus outros primeiros éxitos foron “Move Your Body” e “Too Much of Heaven”. Estes temas e outros apareceron no seu primeiro disco Europop, no ano 1999, do que venderon máis dun millón de copias e realizaron unha xira mundial de dous anos con máis de 600 concertos[1].

Traballo posterior[editar | editar a fonte]

Tralo éxito conseguido sacaron dous álbums máis, Contact! en 2001 e Eiffel 65 en 2003, mais non acadaron o éxito do primeiro disco.

Eiffel 65 tamén fixo varios remixes de cancións doutros artistas, como o éxito de Nek "La vita è" e o de S Club 7 "Reach", principalmente entre 1999 e 2002.

En marzo de 2005, Gabry Ponte, DJ do grupo, abandonou a formación para emprender unha carreira en solitario. O 16 de maio do mesmo ano, os outros dous membros do grupo, Maurizio Lobina e Jeffrey Jey, deixaron a Bliss Corporation para continuar en por eles coa súa propia produtora. Como o nome "Eiffel 65" era propiedade da Bliss Corporation, o dúo decidiu continuar con outro nome, Bloom 06.

En xuño de 2006 naceu o grupo “Bloom 06”, formado por Maurizio e Jeffrey. No seu primeiro álbum “Crash Test 01”, utilizaron moitas das maquetas que estiveran realizando para o malogrado seguinte disco de Eiffel 65. Deste disco sacáronse os singles In The City, e Per Sempre.

Bliss Corporation confirmou que unha nova formación de Eiffel 65 faría o seu debut no verán de 2007 pero o debut foi posposto.

En xuño de 2010 publicouse na páxina web de Bloom 06 que Eiffel 65 se reuniría de novo para producir novos traballos.[2]

Compoñentes[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Ano Detalles dos álbums Máximas posicións na lista de éxitos Certificacións
AUS
[3]
AUT
[4]
CAN
[5]
FIN
[6]
FRA
[7]
ALE
[8]
ITA
[9]
NC
[10]
SUI
[11]
RU
[12]
EUA
[13]
1999 Europop
  • 1º álbum de estudio
  • Data de lanzamento: 22 de novembro de 1999
  • Selo: Uptown Records
18 16 5 8 6 37 13 4 19 12 4
2001 Contact!
  • 2º álbum de estudio
  • Data de lanzamento: 24 de xullo de 2001
  • Selo: Popular Records
2003 Eiffel 65 13
"—" denota que non entraron na lista de éxitos

Singles[editar | editar a fonte]

Ano Single Máximas posicións na lista de éxitos Certificacións Álbum
AUS
[17]
AUT
[18]
CAN
[19]
FIN
[20]
FRA
[21]
ALE
[22]
ITA
[23]
SUI
[24]
RU
[12]
EUA
[25]
EUA Pop
[26]
1999 "Blue (Da Ba Dee)" 1 1 1 1 1 1 3 1 1 6 2 Europop
2000 "Move Your Body" 4 1 4 10 1 4 1 2 3 36
"Too Much of Heaven" 50 30 20 35 2 22
"My Console"
2001 "One Goal" 37 Contact!
"Back in Time" 12
"Lucky (In My Life)" 23 26 68 57 13 74
2002 "80's Stars"
"Losing You" 10
"Cosa resterà (In a Song)" 12 Eiffel 65
2003 "Quelli che non hanno età" 5
"Viaggia Insieme a Me" 13
"Viaggia Insieme a Me RMX"
"Una notte e forse mai più" 10 Eiffel 65 2
2004 "Voglia di Dance All Night"
"—" denota que non entraron na lista de éxitos

EPs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  3. "australian-charts.com - Australian charts portal". australian-charts.com. Consultado o 2010-08-13. 
  4. "austriancharts.at - Austria Top 40". austriancharts.at. Consultado o 2010-08-13. 
  5. "Eiffel 65 Album & Song Chart History: Canadian Albums". Billboard. Consultado o 2010-08-13. 
  6. "finnishcharts.com - Finnish charts portal". finnishcharts.com. Consultado o 2010-08-13. 
  7. "lescharts.com - Les charts portal". lescharts.com. Consultado o 2010-08-13. 
  8. "musicline.de - German Chart Portal". Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  9. "italiancharts.com - Italian charts portal". italiancharts.com. Consultado o 2010-08-13. 
  10. "charts.org.nz - New Zealand charts portal". charts.org.nz. Consultado o 2010-08-13. 
  11. "Die Offizielle Schweizer Hitparade und Music Community". hitparade.ch. Consultado o 2010-08-13. 
  12. 12,0 12,1 "Chart Log UK: E-40 - E-Z Rollers". Official Charts Company. Consultado o 2010-08-13. 
  13. "Eiffel 65 Album & Song Chart History: Billboard 200". Billboard. Consultado o 2010-08-13. 
  14. "ARIA Charts - Accreditations - 2000 Albums". ARIA Charts. Consultado o 2010-08-13. 
  15. "Canadian Recording Industry Association (CRIA): Gold & Platinum". Canadian Recording Industry Association. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2007. Consultado o 2010-08-13. 
  16. "RIAA - Gold & Platinum - August 13, 2010: Eiffel 65 certified albums". Recording Industry Association of America. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2012. Consultado o 2010-08-13. 
  17. "australian-charts.com - Australian charts portal". australian-charts.com. Consultado o 2010-08-13. 
  18. "austriancharts.at - Austria Top 40". austriancharts.at. Consultado o 2010-08-13. 
  19. "Results - RPM - Library and Archives Canada: Top Singles". RPM. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 2010-08-13. 
  20. "finnishcharts.com - Finnish charts portal". finnishcharts.com. Consultado o 2010-08-13. 
  21. "lescharts.com - Les charts portal". lescharts.com. Consultado o 2010-08-13. 
  22. "musicline.de". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  23. "italiancharts.com - Italian charts portal". italiancharts.com. Consultado o 2010-08-13. 
  24. "Die Offizielle Schweizer Hitparade und Music Community". hitparade.ch. Consultado o 2010-08-13. 
  25. "Eiffel 65 Album & Song Chart History: Hot 100". Billboard. Consultado o 210-08-13. 
  26. "Eiffel 65 Album & Song Chart History: Pop Songs". Billboard. Consultado o 2010-08-13. 
  27. "ARIA Charts - Accreditations - 1999 Albums". ARIA Charts. Consultado o 2010-08-14. 
  28. 28,0 28,1 "Gold/Platin–Datenbank" [Gold/Platinum Database] (en German). Bundesverband Musikindustrie. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2011. 
  29. "BPI Certified Awards". British Phonographic Industry. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2017. Consultado o 2010-08-14. 
  30. "ARIA Charts - Accreditations - 2000 Singles". ARIA Charts. Consultado o 2010-08-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]