Edward Kelley
Edward Kelley | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1 de agosto de 1555 |
Lugar de nacemento | Worcester |
Falecemento | anos 1590xuliano e 1 de novembro de 1597 |
Lugar de falecemento | Most |
Nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Alma máter | The King's School, Worcester |
Ocupación | alquimista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sir Edward Kelley, tamén coñecido coma Edward Talbot, nado en Worcester, Inglaterra, o 1 de agosto de 1555 e finado en Praga o 1 de novembro de 1597, foi un alquimista, ocultista e autodeclarado médium inglés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ademais de declararse coa capacidade de convocar espíritos ou anxos cunha bola de cristal, moi valorada polo seu colega John Dee, Kelley aseguraba tamén ser quen de transformar metais comúns en ouro. Todo tipo de lendas empezaron a circular tras o seu finamento, o que, unido á súa notoria biografía, á súa sona entre os historiadores de fala inglesa e á súa asociación con Dee, fixeron de Kelley a imaxe prototípica do alquimista laretas.