Eduardo Chibás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eduardo Chibás
Eduardo René Chibás Ribas.jpg
Nacemento1907
 Santiago de Cuba
Falecemento16 de agosto de 1951
 A Habana
Causaferida por arma de fogo
NacionalidadeCuba
Ocupaciónpolítico e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Eduardo René Chibás y Ribas, nado en Santiago de Cuba o 15 de agosto de 1907 e finado na Habana o 16 de agosto de 1951, foi un político cubano.

Foi o fundador o 15 de maio de 1947, do Partido do Pobo Cubano ou Partido Ortodoxo, caracterizado polo seu acento na denuncia da corrupción que existía por parte de membros destacados do Partido Auténtico e do goberno. Entre os mozos que ingresaron ao Partido Ortodoxo atraídos pola personalidade e as ideas de Chibás atopábase o avogado Fidel Castro, futuro líder da Revolución Cubana de 1959 e Primeiro Ministro de Cuba.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Monumento a Chibás en Santiago de Cuba.

Nos seus anos universitarios, contribuíu ás loitas contra a ditadura de Gerardo Machado (1925-1933) e manifestouse o 17 de decembro de 1925 para esixir a liberdade de Julio Antonio Mella, fundador do Primeiro Partido Comunista de Cuba. Participou de modo solidario na súa folga de fame. En agosto de 1931 foi encarcerado e logo condenado a exiliarse en 1932.

Á caída de Machado en agosto de 1933, regresou a Cuba e participou na Revolución de setembro de 1933. Forma parte do Goberno Revolucionario de Ramón Grau San Martín.

Tras o golpe de estado de Fulgencio Batista, quen lideraría o país entre bambolinas de 1933 a 1940, Chibás, que condenou firmemente a traizón do novo home forte, integrou o movemento Izquierda Revolucionaria.En 1934, participa na creación do Partido Auténtico. En 1947, fronte á corrupción no Partido, separouse para fundar o Partido Ortodoxo (ou Partido do Pobo Cubano).

Chibás, que foi tamén senador, tiña un pensamento antiimperialista e consideraba esencial loitar contra a corrupción administrativa existente en Cuba naquel entón, converténdose por este motivo nunha figura de resonancia na opinión pública, debido ás graves denuncias que realizaba tanto na prensa escrita como nun programa radial que transmitía cada domingo na emisora CMQ.[1]

En consonancia con esas ideas o Partido Ortodoxo tiña como lemas «Vergoña contra diñeiro» e «Prometemos non roubar» e como símbolo unha vasoira que varría todos os males dun estado corrupto.

Chibás foi candidato á presidencia nas eleccións de 1948, nas cales resultou electo Carlos Prío Socarrás. A deterioración da imaxe de Prío e a prédica opositora de Chibás convertérano no virtual triunfador para as eleccións de 1952.

A historiadora Marta Harnecker describe a Chibás do seguinte modo:

A súa popularidade (do Partido Ortodoxo) debíase principalmente ao carisma extraordinario do seu indiscutible líder: Eduardo Chibás que comezara a destacar xa nas loitas universitarias dos anos 20 e nos enfrontamentos contra as ditaduras dos anos. seguintes. Fogoso polemista, encabezou o movemento de recuperación cívica e moral de grandes raíces entre as masas.

En 1950 acusou ao Ministro de Educación do roubo de grandes sumas de diñeiro do orzamento nacional. Con todo, debido a que non puido obter probas da súa denuncia,[2] Chibás entrou nun ciclo depresivo que o levou a dispararse durante o seu programa semanal de radio. Ao parecer a decisión de dispararse un tiro "como última aldrabada" debeuse a que lle prometeran uns documentos que probaban o roubo de fondos do goberno que debían usarse para o almorzo escolar, pero estes documentos nunca se lle foron entregados. Disparouse ao finalizar o seu último discurso o 5 de agosto de 1951, o famoso discurso de "A última aldrabada". Morreu once días máis tarde no Centro Médico Cirúrxico na Habana. Disparouse no baixo ventre.[3] Foi esa ferida e complicacións posteriores, o que lle provocou a morte, días despois.

Nunha das súas frases, pronunciadas nese último discurso dixo:

Cuba ten reservado na historia un grandioso destino, pero debe realizalo.

Tras o golpe de estado que bloqueou a posibilidade dun triunfo do Partido Ortodoxo nas eleccións presidenciais que debían realizarse un mes despois e impuxo a Fulgencio Batista como ditador de Cuba, un grupo de mozos seguidores de Chibás, dirixidos por Fidel Castro realizaría, o 26 de xullo de 1953 o asalto ao Cuartel Moncada.

O 16 de xaneiro de 1959, tras a caída de Fulgencio Batista, Fidel Castro acudiu á tumba de Chibás e rendeulle homenaxe.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Chibás: muerte por honor" (en castelán). 16 de agosto de 2018. Consultado o 19 de setembro de 2019. 
  2. "La tradición del suicidio en Cuba" (en castelán). 18 de febreiro de 2018. Consultado o 19 de setembro de 2019. 
  3. "Sensacionalismo, violencia y la prensa cubana antes de 1959" (en castelán). 26 de xullo de 2019. Consultado o 19 de setembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]