Saltar ao contido

Economía do Uruguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía do Uruguai
Moeda peso uruguaio
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Mercosur, UNASUR
Datos estatísticos[1]
PIB 54,67 mil millóns (2012)
Posición do PIB 94ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 3,8% (2012)
PIB per cápita 16 200 (2012)
PIB por sector agricultura 8,2%, industria 21,6%, servizos 70,2% (2012)
Inflación 8,1% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 1.691.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 13%, industria 14%, servizos 73% (2010)
Desemprego 6,1% (2012)
Industrias procesamento de alimentos, máquinas eléctricas, equipamentos de transporte, derivados de petróleo, téxtiles, produtos químicos, bebidas
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 9 907 millóns (2012)
Produtos de exportación carne, soia, celulosa, arroz, trigo, madeira, produtos de granxa, la
Principais mercados Brasil 18,5%, República Popular da China 17,9%, Arxentina 6,8%, Alemaña 4,9% (2012) (2012)
Importacións 12 220 millóns (2012)
Principais produtos importados petróleo refinado, petróleo bruto, vehículos de pasaxeiros e de carga, pezas de vehículos, telefones celulares
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 21,07 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A economía do Uruguai baséase grandemente nas exportacións de produtos agropecuarios, nunha man de obra moi cualificada, e altos niveis de gastos sociais. Despois dun crecemento de 5% a.a. entre 1996 e 1998, a economía sufriu unha recesión entre 1999 e 2002, despois das crises económicas dos veciños e principais parceiros do Mercosur, o Brasil e a Arxentina. Como exemplo, a Arxentina retirou grandes somas de depósitos dos bancos uruguaios en 2001 e 2002, o que resultou nunha especulación coa moeda uruguaia e un crecemento do desemprego. O PIB neses dous anos caeu case 20%, sendo 2002 o peor ano da crise[1]. Unha renegociación da débeda co sector privado en 2003 restaurou a confianza pública. Grazas a isto, e a unha arribada dos prezos das commodities exportadas polo país, a economía volveu crecer, chegando a 10% en 2004, e a 6,1% en 2005, cunha media de 8% ó ano entre o 2004 e o 2008. O 2009 o crecemento foi apenas 1,7% pero o país non sufriu unha recesión grazas a eficientes políticas monetaria e fiscal adoptadas[1].

Características

[editar | editar a fonte]

Os gandos ovino e bovino son os máis importantes; carne, la, coiro e outros subprodutos constituíron sempre as principais exportacións. De menor relevancia para a economía son os cultivos agrícolas, entre eles, o trigo, o arroz e a soia.

Os recursos minerais son escasos, pero a industria creceu grazas ás importacións de combustibles e materias primas. A principal industria é a alimenticia, seguida pola téxtil e a química. Unha industria que creceu a finais do século XX e principios do XXI é a do software, a que está efectuando exitosas exportacións non tradicionais.

A rede de estradas é boa e o turismo crece rapidamente. O turismo e os servizos financeiros constitúen importantes recursos económicos.

Sistema bancario

[editar | editar a fonte]

O Uruguai foi coñecido como a "Suíza de América", entre outras razóns, pola tradicional presenza de numerosos bancos.

Foi particularmente forte a crise bancaria de 2002 no Uruguai; pero o Estado uruguaio apoiou a devolución de depósitos á ampla maioría dos aforristas, e respectouse a moeda orixinal dos depósitos; por tanto e a longo prazo, a praza financeira uruguaia recuperou a confianza do público. Iso significou tamén o final da até entón habitual costume do Estado uruguaio de asistir aos bancos crebados, e creouse un seguro de depósitos bancarios con cobertura parcial.[3]

É de destacar a existencia do segredo bancario no sistema financeiro, que data de 1982. Aínda que en 2010, o Parlamento estudou o seu levantamento parcial,<,[4] tras aprobar a correspondente lei vén aplicando discretamente e previa actuación xudicial.[5]

  1. 1,0 1,1 1,2 CIA. "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2007. Consultado o 1 de novembro de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. "Uruguay crea seguro de depósitos bancarios". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2014. Consultado o 14 de novembro de 2013. 
  4. "Acuerdo sobre el secreto bancario". EL PAIS, suplemento Economía y Mercado. 18-10-2010. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2010. Consultado o 18 de outubro de 2010. 
  5. "Uruguay va dando sus pasos para flexibilizar el secreto bancario". El Pueblo (Salto). 20-11-2011. Arquivado dende o orixinal o 10-06-2015. Consultado o 22-03-2012.