Economía de Ecuador
Economía de Ecuador | |
---|---|
Moeda | dólar americano |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, UNASUR, ALADI, OPEP, ALBA, Mercosur (asociado) |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 134,7 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 63ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 4% (2012) |
PIB per cápita | $ 8 800 (2012) |
PIB por sector | agricultura 6,4%, industria 36,1%, comercio e servizos 57,5% (2012) |
Inflación | 5,3% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 6.779.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 27,6%, industria 18,8%, comercio e servizos 53,6% (2010) |
Desemprego | 4,1% (2012) |
Industrias | petróleo, procesamento de alimentos, téxtiles, produtos de madeira, produtos químicos |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 23,77 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | petróleo, bananas, flores, camarón, cacao, café, madeira, peixe |
Principais mercados | Estados Unidos 37,8%, Panamá 9,9%, Perú 6,2%, Venezuela 5,2%, Chile 4,9%, Rusia 4,6% (2011) |
Importacións | 24,67 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | materiais industriais, combustibles e lubricantes, bens de consumo non durables |
Principais mercados | Estados Unidos 27,6%, República Popular da China 10,1%, Colombia 9%, Panamá 4,6%, Perú 4,5%, Brasil 4,3%, Corea do Sur 4,3% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 20,03 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía de Ecuador depende moito da produción de petróleo, que xera o 40% das exportacións do país. Consecuentemente, as flutuacións do prezo deste produto nos mercados mundiais ten grande impacto nas finanzas do país. Tamén depende das transferencias de diñeiro recibidas de ecuatorianos no exterior, e da exportación de bananas, camaróns [Cómpre referencia] e doutros produtos primarios.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1999 o país sufriu a súa peor crise económica ao colapsarse a súa economía tras varios desastres naturais e grandes caídas no prezo do petróleo. O produto interno bruto real sufriu unha caída de máis do 6%, cun empeoramento significativo do índice de pobreza. O sistema bancario tamén sufriu un colapso, e o país deixou de pagar a súa débeda externa naquel ano. O presidente Jamil Mahauad anunciou a dolarización da economía, mais un golpe de estado en xaneiro de 2000 expulsouno do poder. A situación comezou a mellorar co goberno de Gustavo Noboa, o novo presidente, que conseguiu aprobar, en marzo dese ano, unha reforma estrutural da economía que substituíu a moeda nacional, o sucre, polo dólar americano. Isto estabilizou a economía, e o crecemento retornou ao nivel anterior ao da crise.
En febreiro de 2003, o novo presidente electo, Lucio Gutiérrez, encontrou un déficit no orzamento e unha gran débeda externa. Prometeu usar o diñeiro procedente do petróleo e buscar axuda do FMI.
O 15 de xaneiro de 2007 asumiu a presidencia Rafael Correa, que prometeu un referendo para mudar a constitución, o cal pode afectar a economía do país. Prometeu tamén revisar o pagamento da débeda externa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 29 de abril de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).