Economía de Djibuti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Djibuti
Moeda Franco de Djibuti
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB 2 099 millóns (2010)
Posición do PIB 183ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 4,8% (2010)
PIB per cápita $ 2.800 (2010)
PIB por sector agricultura 3,2%, industria 14,9%, comercio e servizos 81,9% (2006)
Inflación 6% (2009)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 351.700 (2007)
Forza de traballo por sector dato non dispoñíbel
Desemprego 59% (2007)
Industrias construción civil, procesamento de alimentos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 100 millóns (2009)
Produtos de exportación reexportacións, peles, café (en transito)
Principais mercados Somalia 76,68%, Francia 4,89%, Emiratos Árabes Unidos 4,22% (2009)
Importacións 644 millóns (2009)
Principais produtos importados alimentos, bebidas, equipamentos de transporte, produtos químicos, derivados de petróleo
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 428 millóns (2006)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A economía de Djibuti baséase principalmente nos servizos relacionados coa localización estratéxica do país e a súa condición de zona de libre comercio no nordeste africano. Dous terzos dos seus habitantes viven na capital, co terzo restante composto principalmente por pastores nómades[1]. As reducidas precipitacións limitan a produción de produtos agrícolas, polo que a maioría dos alimentos teñen que importarse. Hai moi poucos recursos naturais, e unha ausencia case total de industria. Djibuti é polo tanto, altamente dependente en axuda internacional para soster á súa balanza de pagamentos e financiar proxectos de desenvolvemento. O desemprego de case 60% da poboación nas áreas urbanas continúa a ser un importante problema[1].

Djibuti prové servizos coma porto de navegación para tránsito rexional e centro internacional de transbordo e recarga de combustibles. A inestabilidade rexional provocada polos conflitos entre Etiopía e Eritrea alterou, porén, as canles de comercio normais. As exportacións e importacións da veciña Etiopía representan uns 70% do movemento do porto de Djibuti[1].

O consumo por habitante reduciuse un 35% entre o 1999 e o 2006 debido á recesión, á guerra civil, e ao alto crecemento demográfico, aumentado pola chegada dun gran número de inmigrantes e refuxiados. O país sufriu pouco impacto da crise económica global, a pesar diso a súa dependencia das importacións de alimentos e de diésel para producir electricidade deixan a maioría da poboación vulnerable a choques de prezos internacionais[1]. O crecemento da débeda externa a largo prazo aumenta o atraso de Djibuti no ámbito económico, e complica o cumprimento das estipulacións impostas polos países que lle brindan axuda externa.

Notas[editar | editar a fonte]