Economía da Serra Leoa
Economía de Serra Leoa | |
---|---|
Moeda | leone |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 8 376 millóns (2012) |
Posición do PIB | 155ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 21,3% (2012) |
PIB per cápita | $ 1 400 (2012) |
PIB por sector | agricultura 43,2%, industria 37,4%, comercio e servizos 19,3% (2012) |
Inflación | 12,6% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 2.207.000 (2007) |
Forza de traballo por sector | dato non dispoñíbel |
Desemprego | dato non dispoñíbel |
Industrias | minería de diamantes; fabricación en pequena escala (bebidas, tabaco, téxtiles, calzados), refino de petróleo, pequena reparación naval comercial |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 1 168 millóns (2012) |
Produtos de exportación | diamante, rútilo, cacao, café, peixe |
Principais mercados | Bélxica 28,8%, Romanía 12,5%, Países Baixos 9,2%, República Popular da China 7,3%, Estados Unidos 6,9%, Turquía 6%, Reino Unido 5,8% (2011) |
Importacións | 1 675 millóns (2012) |
Principais produtos importados | produtos alimentícios, máquinas e equipamentos, combustibles e lubrificantes, produtos químicos |
Principais mercados | República Popular da China 16%, Suráfrica 11,1%, Estados Unidos 7,3%, Reino Unido 7,1%, India 5,7%, Malaisia 4,3% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 827,6 millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Serra Leoa é unha nación moi pobre con inmensa desigualdade na distribución de renda. A pesar de ter importantes recursos minerais, agrícolas e de pesca a súa infraestrutura física e social non é desenvolvida, e disturbios sociais continúan a dificultar o desenvolvemento económico[1]. Preto de dous terzos da poboación en idade de traballar vive da agricultura de subsistencia. A industria redúcese ao procesado de materias primas e á industria lixeira dirixida ao mercado doméstico.
Hai plans para reabrir as minas de bauxita e rútilo pechadas durante o conflito. A maior fonte de divisas para o país é a extracción de diamantes. Ademais, a partir de agosto de 2003 abríronse as augas territoriais do país, divididas en sete bloques, á exploración de hidrocarburos. O futuro da economía depende en boa medida do éxito destes traballos, do mantemento da paz interna e a continuación da recepción dunha considerable axuda do exterior, que non se poderá estender indefinidamente.
Esta é unha tabela que mostra o crecemento do produto interno bruto de Serra Leoa, en millóns de leones, do 1965 ó 2000[3]:
Ano | Produto interno bruto |
---|---|
1965 | 246 |
1970 | 355 |
1975 | 572 |
1980 | 1 155 |
1985 | 4 365 |
1990 | 98 386 |
1995 | 657 604 |
2000 | 1 330 429 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 16/10/2015. Consultado o 24/5/2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2005. Consultado o 17 de agosto de 2009.