Economía de Kiribati
| Economía de Kiribati | |
|---|---|
| Moeda | dólar australiano |
| Organizacións comerciais de que fai parte | PARTA |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 698 millóns (2013) |
| Posición do PIB | 212ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 2,9% (2013) |
| PIB per cápita | 6 400 (2013) |
| PIB por sector | agricultura 24,3%, industria 7,9%, servizos 67,8% (2010) |
| Inflación | 0,2% (2007) |
| Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
| Total da forza de traballo | 7.870 (2001) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 2,7%, industria 32%, servizos 65,3% (2000) |
| Desemprego | 2% (1992) |
| Industrias | pesca, artesanía |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 7 066 000 (2010) |
| Produtos de exportación | copra 62%, coco, froitos do mar, peixes |
| Principais mercados | Xapón, Malaisia, Taiwán, Estados Unidos, Australia, Bélxica, Dinamarca (2006) |
| Importacións | 80 090 000 (2010) |
| Principais produtos importados | alimentos, máquinas e equipamentos, manucfaturados diversos, combustibles |
| Principais mercados | Australia, Fiji, Xapón, Francia, Nova Zelandia, Estados Unidos, Corea do Sur, República Popular da China, Tailandia (2006) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | 10 millóns (1999) |
| Ingresos | dato non dispoñible |
| Gastos | dato non dispoñible |

A economía de Kiribati arrastra a evia de que o país conte con poucos recursos naturais. A viabilidade no comercio dos depósitos de fosfato extinguíronse na época da independencia. Agora a copra e o peixe representan o groso da produción e as exportacións. O turismo prové máis do 50% do PIB.
Historicamente, o coco representou unha das maiores fontes de ingresos do país, que en consecuencia pasou a depender da demanda mundial deste froito. Ao decaer o interese, en 1993, o Banco Asiático de Desenvolvemento debeu entregar a Kiribati un préstamo de 300 mil dólares para compensar as perdas por exportacións non efectuadas.
A axuda financeira internacional, maiormente do Reino Unido e o Xapón, é unha gran parte do PIB, que representou entre o 25%-50% deste nos últimos anos.
A unidade monetaria de Kiribati é o dólar australiano, dividido en 100 céntimos En 2006, 1,33 dólares australianos equivalían a 1 dólar estadounidense.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o 29 de marzo de 2014.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).