Economía de Curaçao
| Economía de Curaçao | |
|---|---|
| Moeda | Florín das Antillas Neerlandesas |
| Organizacións comerciais de que fai parte | |
| Datos estatísticos[1] | |
| PIB | 2 838 millóns (2008) |
| Posición do PIB | 177ª no mundo[2] |
| Crecemento do PIB | 3,5% (2008) |
| PIB per cápita | $ 15000 (2004) |
| PIB por sector | agricultura 1%, industria 15%, comercio e servizos 84% (2000) |
| Inflación | 1,7% (2009) |
| Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
| Total da forza de traballo | 63.000 (2008) |
| Forza de traballo por sector | agricultura 1,2%, industria 16,9%, comercio e servizos 81,8% (2008) |
| Desemprego | 10,3% (2008) |
| Industrias | turismo, refino de petróleo, instalacións para distribución de petróleo, industrias leves |
| Parcerías comerciais[1] | |
| Exportacións | 876 millóns (2008) |
| Produtos de exportación | derivados de petróleo |
| Principais mercados | Estados Unidos 13,1%, Guatemala 10,8%, Singapur 10,7%, República Dominicana 9,6%, Haití 7,6%, Bahamas 6,1%, Honduras 4,5%, México 4,2%, (2009) |
| Importacións | 1 340 millóns (2008) |
| Principais produtos importados | petróleo cru, alimentos, produtos industrializados |
| Principais mercados | Venezuela 57,3%, Estados Unidos 19,2%, Brasil 8,1% (2009) (2009) |
| Finanzas públicas[1] | |
| Débeda externa | dato non dispoñible |
| Ingresos | dato non dispoñible |
| Gastos | dato non dispoñible |
Turismo, refino de petróleo e o sistema bancario internacional son as principais actividades da pequena economía de Curaçao, a cal é moi dependente do exterior. A pesar dun pequeno crecemento do PIB durante a última década, a illa goza dun elevado PIB per cápita e unha infraestrutura ben desenvolvida, cando comparada a outros países da rexión.[1] Curaçao ten un excelente porto que pode recibir grandes barcos petroleiros. A empresa estatal de Venezuela aluga a única refinaría de petróleo da illa do goberno. A maior parte do petróleo é importado de Venezuela, e os derivados do refino son exportados aos Estados Unidos.[1]
Case todos os bens de capital e de consumo son importados, sendo os Estados Unidos, Brasil, Italia e México os principais fornecedores.[1] O goberno busca diversificar a industria e o comercio, e asinou un acordo coa Unión Europea con miras a expandir os negocios con ela. O solo pobre e a escaseza de auga impiden o desenvolvemento da agricultura. Problemas orzamentarios complican a reforma do sistema de saúde, xubilación e pensións, para unha poboación cada vez máis vella.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 The World Factbook.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).