Echium candicans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Echium candicans

Echium candicans
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Boraginales
Familia: Boraginaceae
Subfamilia: Boraginoideae
Xénero: 'Echium'
Especie: ''E. candicans''
Nome binomial
'Echium candicans'
L.f.

A Echium candicans é unha especie de arbusto pertencente á familia das Boraginaceae.

Detalle das rosetas.
Inflorescencias.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un arbusto de madeira branda, procedente de Madeira, ten follas vellosas, agrisadas e ensiformes, que se agrupan en grandes rosetas nas puntas das ramas. Na primavera e verán nacen as flores, dun azul entre zafiro e violáceo, en inflorescencias cilíndricas de 60 cm; as flores só miden uns 12 mm de ancho, pero nacen xuntas por centos. De hábito estendido, crece até 1,8 m de altura, pero cunha extensión maior. Echium thyrsiflorum parécese bastante a E. candicans, pero as súas espigas de flores de cor lavanda pálida son máis altas e rectas. Esta especie é menos rechamante e, ao madurar,as súas espigas desordénanse.

Distribución[editar | editar a fonte]

Aparece só na illa de Madeira onde adoitan xurdir nas zonas de clima tépedo e húmido na illa, entre os 800-1400 m sobre o nivel do mar (nalgúns casos poden estar en maior altura) . Considérase pouco frecuente na natureza.

Usos[editar | editar a fonte]

Co tempo esta especie foi utilizada polo seu gran valor ornamental e cultívase nos xardíns situados a maior altura madeirense e as marxes das estradas de montaña. Durante moitos anos, cultívase noutras partes do mundo onde é moi apreciada polas súas inflorescencias. É común nos xardíns en países tépedos, e normal nos xardíns de Nova Zelandia, que parece que se naturalizou na terra pedregosa.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Echium candicans foi descrita por Carl von Linné o Mozo e publicada en Suppl. Pl. 131. 1782[1]

Etimoloxía

Echium: nome xenérico que deriva do grego echium, que significa víbora, pola forma triangular das sementes que lembran vagamente á cabeza dunha víbora.

candicans: epíteto latino que significa "que chega a ser branco".[2]

Sinonimia
  • Argyrexias candicans Raf.
  • Echium brachyanthum Hornem.
  • Echium candicans var. noronhae Menezes
  • Echium cynoglossoides Desf.
  • Echium densiflorum DC.
  • Echium macrophyllum Lehm.
  • Echium maderense Steud.
  • Echium marianum Boiss.
  • Echium pallidum Salisb.
  • Echium pavonianum Boiss.
  • Echium truncatum auct.
  • Echium fastuosum J. Jacq.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Echium candicans". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de setembro de 2013. 
  2. En Epítetos Botánicos
  3. USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2004. Consultado o 5 de maio de 2007.  (18 de setembro de 2013)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kartesz, J. T. 2011. North American plant atlas. The Biota of North America Program (BONAP).
  • Lems, K. 1960. Floristic botany of the Canary islands.
  • Liberty Hyde Bailey Hortorium. 1976. Hortus third.
  • Press, J. R. & M. J. Short, eds. 1994. Flora of Madeira.
  • Tutin, T. G. et al., eds. 1964–1980. Flora europaea. [mentions].