Earl Boen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEarl Boen
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1941 Editar o valor em Wikidata
Nova York (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Morte5 de xaneiro de 2023 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Hawai (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema , actor de televisión , actor de teatro , actor de dobraxe Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor em Wikidata - 2017 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0091286 Allocine: 69057 Allmovie: p7007 WikiTree: Boen-147 Editar o valor em Wikidata

Earl Oscar Boen, nado en Nova York o 8 de agosto de 1941 e falecido en Hawai o 5 de xaneiro de 2023,[1] foi un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu papel máis coñecido foi o do psicólogo Peter Silberman en Terminator (1984). Boen tamén representou devandito papel na película Terminator 2: O xuízo final (1991), na cal Silberman traballa nun hospital mental no que Sarah Connor (Linda Hamilton) se atopa internada, e na terceira entrega Terminator 3: A rebelión das máquinas (2003).

Outras películas nas que actuou inclúen The Man with Two Brains (1983), Alien Nation (1988), The Naked Gun 33 1/3: The Final Insult (1994), e Nutty Professor II: The Klumps (2000), así como unha breve aparición en 18 Again! (1988). Tamén apareceu na serie televisiva de comedia estadounidense Alf en 1987 na primeira tempada como o xefe inmediato de William Tanner, na oficina do servizo social.

Boen retirouse da actuación en 2003, mais continuou o seu prolífico traballo como actor de voz na radio, televisión, debuxos animados, ademais de videoxogos até 2017.

Falecemento[editar | editar a fonte]

Earl Boen faleceu o 5 de xaneiro de 2023 en Hawai por mor dun cancro de pulmón; o actor estaba recibindo tratamento contra a enfermidade dende novembro do ano anterior.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zee, Michaela (06-01-2023). "Earl Boen, Actor in ‘The Terminator’ Movies, Dies at 81". Variety (en inglés). Consultado o 04-09-2023. 
  2. Fallece Earl Boen, actor de 'Terminator', a los 81 años de edad (7 de xaneiro de 2023). Marca.com.