Saltar ao contido

Terminator 2: O xuízo final

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Terminator 2: O xuízo final
Logotipo
 Instancia de
 Parte de
 Título
Terminator 2 (en) Editar o valor en Wikidata
 Subtítulo
Axirət günü (az)
Цээрлэлийн өдөр (mn)
Dzień sądu (pl)
Судниот ден (mk)
paskutinio teismo diena (lt)
Pastarā diena (lv)
Акыр заман (ky)
Ziua Judecății (ro)
Deň zúčtovania (sk)
Kıyamet Günü (tr)
Судный день (ru)
Domedagen (sv)
Sodni dan (sl)
Судњи дан (sr)
Судний день (uk)
Il giorno del giudizio (it)
Az ítélet napja (hu)
Dommedag (da)
Tag der Abrechnung (de)
Den zúčtování (cs)
Дзень суду (be-tarask)
Денят на страшния съд (bg)
Dómsdagur (is)
Μέρα Κρίσης (el)
Kohtupäev (et)
Sudnji dan (hr)
el juicio final (es)
O xuízo final (gl)
Tuomion päivä (fi)
Le Jugement dernier (fr)
Ngày phán xét (vi) Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
T2 Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Medio usado
Características
 Cor
 Forma artística
 Ambientado en
 Época ambientación
 Universo ficticio
 Franquía de medios
 Obra derivada
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Datas
 Data de publicación
13 de setembro de 1991 (Suecia)
3 de xullo de 1991 (Estados Unidos de América, Canadá, México)
24 de outubro de 1991 (Alemaña)
1991 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Precedido por
 Nomeamentos
Óscar á mellor fotografía (30 de marzo de 1992)
Óscar á mellor maquillaxe (30 de marzo de 1992)
Óscar ó mellor son (30 de marzo de 1992)
Óscar á mellor montaxe (30 de marzo de 1992)
Óscar á mellor edición de son (30 de marzo de 1992)
Óscar ós mellores efectos visuais (30 de marzo de 1992) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Duración
 137 min Editar o valor en Wikidata
 Formato de imaxe
 Custo
 102000000 $ Editar o valor en Wikidata
 Recadación
 520881154 $ Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF183306471 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-7173-0000-O-0000-0000-2 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07gp9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Puntuación da crítica
4.3/5 Letterboxd (19 de febreiro de 2026)
8.6/10 Internet Movie Database (19 de febreiro de 2026)
75/100 Metacritic (11 de xaneiro de 2026)
91% Rotten Tomatoes (9 de decembro de 2025)
8.5/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0103064 Filmaffinity: 576352 Allocine: 7124 Rottentomatoes: m/terminator_2_judgment_day Mojo: terminator2 Allmovie: v49102 TCM: 92567 Metacritic: movie/terminator-2-judgment-day TV.com: movies/terminator-2-judgment-day
Facebook: terminator2 BNE: XX4416095 Netlix: 60028202 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Terminator 2: O xuízo final (en inglés: Terminator 2: Judgment Day) é un filme de acción estadounidense dirixido por James Cameron que se estreou no 1991. É a segunda parte da saga cinematográfica e a secuela de Terminator (1984). Escrito por Cameron e William Wisher, Jr., está protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Linda Hamilton, Robert Patrick e Edward Furlong. Terminator 2 conta a historia de Sarah Connor (Hamilton) e o seu fillo John (Furlong) que son perseguidos por un novo e mellorado Terminator, o T-1000 feito de metal líquido (Patrick), enviado atrás no tempo para matar a John e evitar que se converta no líder da Resistencia humana contra as máquinas. O modelo menos avanzado T-800 (Schwarzenegger) tamén é enviado atrás no tempo para protexer a John.

Despois dunha problemática pre-produción caracterizada polas disputas legais, Mario Kassar de Carolco Pictures fíxose cos dereitos de propiedade da franquía na década de 1990. Isto facilitou o camiño para a realización do guión escrito polo equipo de produción liderado por Cameron, e en outubro de 1990 comezou un calendario de rodaxe de 186 días, máis curto do orixinalmente pensado. A produción de Terminator 2 requiriu un orzamento sen precedentes de máis de $94 millóns, a maioría do cal foi gastado na filmación e nos efectos especiais. O filme estreouse o 3 de xullo de 1991.

Terminator 2, un éxito en recadación e en crítica, influíu na cultura popular e especialmente nos filmes de acción e ciencia ficción.[1] Os efectos visuais inclúen imaxinería xerada por ordenador, o uso de movementos naturais humanos para unha personaxe xerada por ordenador e o primeiro personaxe xerado parcialmente por ordenador.[2] Recibiu numerosos galardóns, entre os que destacan catro Premios Oscar por maquillaxe, son, edición de son e efectos visuais.[3] Foi o filme con maior recadación de 1991, e numerosas publicacións como o American Film Institute clasificaron Terminator 2 como un dos grandes filmes de acción e ciencia ficción, e unha das mellores secuelas de tódolos tempos.

Estreouse en galego o 21 de setembro de 1996 a través da TVG.[4]

Sarah Connor, a nai solteira do rebelde John Connor, está ingresada nun psiquiátrico. Algúns anos antes, un viaxeiro do tempo reveláralle que o seu fillo sería o salvador da humanidade nun futuro dominado polas máquinas. Converteuse dende entón nunha especie de guerreira e educou ó seu fillo John en tácticas de supervivencia. Esta é a razón pola que está recluída nun manicomio. Cando un novo androide mellorado, un T-1000, chega do futuro para asasinar a John, un vello modelo T-800 será enviado dende o futuro para protexelo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Schwarzenegger (2015) e Hamilton (2009).
Patrick (2014) e Furlong (2009).
Voz da dobraxe galega de Antón Cancelas.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 1991: 4 Oscars: Mellor son, efectos de son, efectos visuais, maquillaxe. 6 nomeamentos.
  • 1991: 2 BAFTA: Mellor son, efectos visuais. 3 nomeamentos.

Dobraxe ó galego

[editar | editar a fonte]

A frase A rañala, raparigo[5] (moitas veces citada erroneamente como Vai rañala, raparigo), que o Terminator pronuncia antes de acabar co T-1000, está considerada como a frase máis popular da historia da dobraxe en galego da TVG.[6] Na versión orixinal (inglés) a frase é: Hasta la vista, baby, que mostra empatía cara ao neno John Connor, que lle ensinou castelán mexicano. Na versión en castelán europeo é Sayonara, baby, porén, a frase foi mantida en castelán de América. O American Film Institute colocouna na 76ª posición na Lista das mellores 100 frases de películas de todos os tempos.[7]

  1. "50 Most Influential Visual Effects Film of All Time" (PDF). Visual Effects Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xullo de 2007. Consultado o 15 de xullo de 2007.
  2. "Visual and Special Effects Film Milestones". Filmsite.org. Consultado o 13 de xaneiro de 2012.
  3. "Terminator 2: Judgment Day Nominations and Awards". Amctv.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2009. Consultado o 15 de agosto de 2010.
  4. La Voz de Galicia, 21 de setembro de 1996. Páx. 87
  5. "A rañala raparigo". Consultado o 2019-06-15.
  6. P., E. (30 de maio de 2010). "'Vai rañala raparigo' de 'Terminator', premio a la mejor frase de la historia del doblaje de TVG". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019. Consultado o 1 de xullo de 2017.
  7. "AFI's 100 Movie Quotes". Consultado o 2023-04-05.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]