Eagulls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eagulls
Eagulls (2).jpg
Eagulls en 2011
OrixeLeeds, Inglaterra Inglaterra
Período2010 - presente
Xénero(s)post-punk
Selo(s) discográfico(s)Partisan Records
MembrosMark 'Goldy' Goldsworthy
Henry Ruddel
Liam Matthews
Tom Kelly
George Mitchell
Páxina webhttp://www.eagulls.co.uk/

Eagulls é unha banda inglesa de post-punk formada en Leeds no ano 2010.[1] O grupo está composto por Mark Goldsworthy (guitarra), Henry Ruddel (batería), Liam Matthews (guitarra), Tom Kelly (baixo) e George Mitchell (voces).[2][3]

Historia[editar | editar a fonte]

Eagulls formouse en 2010 e publicou o seu primeiro sinxelo, "Council Flat Blues", a través no selo de Moshi Moshi Records Not Even Records. O seu primeiro EP, Eagulls, gravado por MJ da banda Hookworms, foi publicado en 2012 tanto polo selo londinense Sexbeat como polo canadense Deranged Records. No ano 2013 o grupo asinou un contrato con Partisan Records, publicando o sinxelo "Nerve Endings" cunha versión do tema de Killing Joke "Requiem", e o sinxelo "Tough Luck". O seu primeiro álbum, Eagulls, publicouse en marzo de 2014.

A banda recibiu a atención continua de certos medios, tanto nacionais como internacionais. Foron elixidos a "New Favourite Band" en 2013 por Steve Lamacq da emisora BBC Radio 6.[4] Tocaron polo Reino Unido e Europa ao lado de destacados artistas como Manic Street Preachers, Flipper, Milk Music, Ceremony, Iceage, Hot Snakes e Pulled Apart By Horses, e nos Estados Unidos tocaron nos festivais South by Southwest en Texas e CMJ de Nova York. En 2014 apareceron no programa Late Show with David Letterman, interpretando a súa canción "Possessed" para Bill Murray. Ese mesmo ano foi elixida como abreconcertos para a xira británica de Franz Ferdinand.

En maio de 2016 a banda publicou o seu segundo álbum, Ullages, tamén a través de Partisan Records.[5] Producido por Matt Peel, o título é un anagrama do nome da banda.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Eagulls 2014 Partisan Records
Ullages 2016 Partisan Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brown, Harley. Interview Magazine, ed. "Eagulls Get Loud". Consultado o 16 de xaneiro de 2017. 
  2. Lester, Paul. The Guardian, ed. "New band of the week - Eagulls". Consultado o 16 de xaneiro de 2017. 
  3. NME (ed.). "Radar Band Of The Week – No.43: Eagulls". Consultado o 16 de xaneiro de 2017. 
  4. BBC (ed.). "Eagulls join as New Favourite Band". Consultado o 16 de xaneiro de 2017. 
  5. Gourlay, Dom. Drowned in Sound, ed. "Eagulls - Ullages". Consultado o 16 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]