Partisan Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Partisan Records
Fundado en2007
FundadorTim Putnam e Ian Wheeler
DistribuidorasADA (EEUU), Cadence Music Group (Canadá), PIAS Group (RU)
Xénero(s)indie rock, rock, folk, avant-garde
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LocalizaciónNova York
https://partisanrecords.com/

Partisan Records é un selo discográfico independente con oficinas nos Ánxeles, Londres e Cidade de México, ademais de Nova York, onde Tim Putnam e Ian Wheeler fundaron a compañía en 2007. Inicialmente a compañía dirixíase dende o apartamento de Putnam en Brooklyn, e trasladouse en 2009 ás súas oficinas en Williamsburg, onde aínda están.[1] O álbum de Holy Sons Decline of the West foi o primeiro lanzamento do selo, un exitoso traballo ao que lle seguiu ao pouco tempo o lanzamento do traballo de Deer Tick War Elephant.[2]

En 2008, mentres traballaba como encargado nocturno no local The Knitting Factory en Manhattan, o CEO de Knitting Factory Entertainment, Morgan Margolis, achegouse a Putnam para formar unha asociación estratéxica con Partisan.[3] Xuntos reeditaron o catálogo de Fela Kuti e reviviron o seu selo, Knitting Factory Records, que tamén inclúe a outros membros da familia Kuti, como Femi Kuti e Seun Kuti.[4]

Partisan cultivou unha nómina de artistas ecléctica e diversa, abarcando bastantes xéneros musicais, priorizou unha filosofía amigable cos artistas, e acadou o recoñecemento internacional. En 2018 conseguiron un top 5 nas listas do Reino Unido e un nomeamento aos BRIT Awards con Joy as an Act of Resistance de Idles,[5] e en 2019 obtiveron o seu primeiro nomeamento para un Grammy con Deran de Bombino.[6]

Putnam no presente traballa como presidente de Partisan, e Wheeler xestiona a revista online The Talkhouse, que fundou en 2015 e comparte unha oficina con Partisan.[7]

Artistas[editar | editar a fonte]

Actuais[editar | editar a fonte]

Pasados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Partisan Records Give Home To Deer Tick, The Standard, Holy Sons (September 24, 2008) : News : PlugInMusic.com". www.pluginmusic.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-15. 
  2. "Deer Tick – record release (BV Presents) show Saturday in Brooklyn, pics from Spiegeltent". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2019-11-15. 
  3. "Renowned Indie Labels Partisan and Knitting Factory Records Partner With Alternative Distribution Alliance (ADA) - Warner Music Group Official Blog". Warner Music Group Official Website (en inglés). Consultado o 2019-11-15. 
  4. "Zena White named MD of Partisan Records and Knitting Factory Records". Music Business Worldwide (en inglés). 2017-06-13. Consultado o 2019-11-15. 
  5. Daly, Rhian (2019-01-12). "IDLES, The 1975, and Dua Lipa amongst stars nominated for 2019 BRIT Awards". NME (en inglés). Consultado o 2019-11-15. 
  6. "Shawn Mendes, Pink and More React to 2019 Grammy Nominations: 'Speechless Right Now'". Billboard. Consultado o 2019-11-15. 
  7. "Ian Wheeler". Talkhouse (en inglés). Consultado o 2019-11-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]