Milk Music

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Milk Music
OrixeOlympia, Washington, Flag of the United States.svg
Período2008-presente
Xénero(s)punk rock, indie rock, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Fat Possum, Perennial
MembrosAlex Coxen
Joe Rutter
Charles Waring
Dave Harris
Páxina webhttp://milkmusic.us/

Milk Music é unha banda de punk rock estadounidense procdente de Olympia, Washington.[1] O grupo esta formado por Alex Coxen (voces, guitarra) Joe Rutter (batería), Charles Waring (guitarra) e Dave Harris (baixo).

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro lanzamento da banda foi unha cinta demo autoeditada, da cal só se fixeron 500 copias. O casete foi publicado independentemente en 2009.[2] A este seguíronlle en 2010 o EP Beyond Living, editado en parte independentemente e en parte por Perrenial Records; en 2011 o sinxelo compartido "Violence Now" editado en flexi-disc por Perrenial e que contaba co tema "White Light" de Carrie Keith (do grupo Gun Outfit) coo cara b; e en 2012 o casete Almost Live que contaba cunha actuación de Brian Turner na radio WFMU, editado independentemente.[3][4] O primeiro álbum do grupo, Cruise Your Illusion, publicouse o 12 de abril de 2013.[3][5][6][7]

Na primavera de 2013 Milk Music xirou por Norteamérica con Merchandise e Destruction Unit.[8] A banda tamén actuou no Pitchfork Music Festival e no Primavera Sound no ano 2012.[9]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Cruise Your Illusion 2013 Fat Possum Records
Mystic 100's 2017 Dom America

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pitchfork (ed.). "Milk Music". Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  2. Discogs (ed.). "Milk Music en Discogs". Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 Pitchfork (ed.). "Milk Music Announce New LP Cruise Your Illusion". Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  4. The Georgia Straight (ed.). "Milk Music found itself by turning down the fuzz". Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  5. Spin (ed.). "Hear Milk Music’s Distorted Thrill Ride ‘Cruising With God’". Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  6. Pitchfork (ed.). "Listen to Albums From Rilo Kiley, Milk Music, the Besnard Lakes, and Wolf Eyes Via Pitchfork Advance". Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  7. Stereogum (ed.). "Milk Music – “Cruising With God”". Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  8. Pitchfork (ed.). "Merchandise, Milk Music and Destruction Unit to Tour North America Together This Spring". Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  9. Pitchfork (ed.). "Primavera: Wavves, Trash Talk, Milk Music". Consultado o 13 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]