ESRO 1A foi un dos membros do conxunto de satélites ESRO adicados a facer investigacións científicas. A misión de ESRO 1A foi estudar os fenómenos aurorais mediante sete instrumentos. Os estudos incluían observacións da luminosidade auroral, a composición e temperatura da ionosfera e o fluxo, tipo e espectro de enerxía das partículas atrapadas e precipitadas (electróns de enerxías de entre 1 e 30.000 KeV). O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 1499km de apoxeo e 260km de perixeo, cunha inclinación orbital de 93,7 graos e un período de 102,5 minutos, co seu eixo de simetría aliñado magneticamente co campo magnético terrestre. Funcionou sen problemas durante 18 meses excepto pola grabadora de cinta, que fallou aos sete meses da misión. Reentrou na atmosfera o 26 de xuño de 1970.[3][1][4][5][6]