EMI
EMI | |
---|---|
Tipo | negocio, empresa privada, editora discográfica, holding e selo discográfico |
Data de fundación | 31 de marzo de 1931, 1931, 29 de marzo de 1928 e 1 de xaneiro de 1973 |
Data de disolución | 2012 |
Nº de empregados | 15.000 |
Organización matriz | Universal Music Group, Sony (United Kingdom) e Warner Music Group |
Organización subsidiaria | Toshiba EMI Ltd., EMI Music Japan Inc., Poko Rekords, Chrysalis Records Ltd., Pathé Marconi EMI, EMI Records, Carl Lindström A.G. e Norske Gram |
Sede | Londres |
País | Reino Unido e Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://www.universalmusic.com/label/emi/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
EMI Group Ltd. (siglas de Electric and Musical Industries, tamén coñecida como EMI Records Ltd. ou simplemente EMI) foi unha compañía discográfica multinacional que incluía ao selo EMI Music, con sede en Brook Green, no distrito londiniense de Hammersmith e Fulham, e a EMI Music Publishing, con sede en Charing Cross Road, tamén na cidade de Londres. EMI Music foi un dos catro grandes selos discográficos do mundo e EMI Music Publishing foi o maior produtor musical do mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouse en 1931 pola incorporación da Columbia Gramophone Company e Gramophone Company. En 1957, para repor as perdas dos seus negocios licenciados coa RCA Victor e Columbia Records, ao final, a "Columbia EUA" rompera os acordos coa EMI desde 1951, a EMI entrou no mercado americano adquirindo o 96% das accións da Capitol Records.
Durante as décadas de 1950, 1960 e 1970, a gravadora EMI obtivo un grande éxito no campo da música popular a través das súas marcas subsidiarias, tales como: Parlophone, HMV, Columbia Records da Australia, Capitol Records e EMI-Odeon, Virgin Records , Apple Records e Copacabana Records. Iso fixo da EMI unha das discográficas mais coñecidas en todo o mundo, cunha lista dalgúns dos artistas mais famosos nas súas respectivas épocas.
En marzo de 2006 a "EMI Group" entrou en negociacións para a compra da Warner Music Group -este movemento no mercado fonográfico poderia reducir os 4 "xigantes" do ramo para 3 -mais de acordo coa páxina web da Warner, a proposta foi rexeitada. Entón, a Warner volveu á mesa de negociacións ofrecendo a compra da EMI, que rexeitou a proposta. Representantes de ambos os lados continúan mantendo encontros e decidindo quen compra quen.
Contratados
[editar | editar a fonte]A EMI Music tiña contratados a artistas como:
- Capitol Records: Eiza, Anahí, Belinda, Katy Perry, Mýa, Lily Allen, Coldplay, Maite Perroni, Beastie Boys, Depeche Mode, Tiziano Ferro, Kylie Minogue, Corinne Bailey Rae, Christian Chávez, Interpol, Hockey, LeToya Luckett, LCD Soundsystem, Miyavi, Iron Maiden entre outros.
- Virgin Records: Eva Simons, Lenny Kravitz, 30 Seconds To Mars, The Rolling Stones, Gorillaz, Saosin, The Red Jumpsuit Apparatus, Ben Harper, Joss Stone, KT Tunstall, Iggy Pop, Alice in Chains, Sick Puppies, The Almost, Tristan Prettyman, We Are Scientists, Dave Gahan, Fat Joe entre outros.
- Wind-up: 12 Stones, Slash, Cartel, Civil Twilight, Creed, Seether, Evanescence, Alter Brige, Finger Eleven, Scott Stapp.